Adanero
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Ávila | ||||
Capital | Adanero | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 204 (2023) (6,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 31,42 km² | ||||
Altitude | 910 m | ||||
Comparte fronteira con | Santa María la Real de Nieva Pajares de Adaja (pt) Gutierre-Muñoz (pt) Sanchidrián (pt) Muñopedro (pt) Martín Muñoz de las Posadas (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Maroto Torrecilla (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 05296 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 05001 | ||||
Sitio web | adanero.es |
Adanero é unha vila e municipio de España pertencente á provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2017 tiña unha poboación de 211 habitantes (117 homes e 103 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo, de acordo con Eduardo Tejero Robledo, podería provir de «herdanza ou propiedade de Adán».[1]
Símbolos
[editar | editar a fonte]O escudo heráldico e a bandeira que representan ao municipio foron aprobados o 29 de decembro de 1997 . O escudo ten de brasón:
«Escudo de forma española. En campo de goles, unha torre de ouro, ameada, mampostada, de sabre e aclarada de azur, sobre terraza sinople cargada con ondas de prata e azur, cimada de guerreiro armado de helmo con airón, espada e tarxa e superada de coroa condal. Ao timbre, Coroa Real de España.»
A descrición da bandeira é a seguinte:
«Bandeira cadrada, de proporción 1:1, de cor carmesí, e no seu centro o escudo municipal, nas súas cores. »
Localización
[editar | editar a fonte]A localidade de Adanero atópase na comarca de La Moraña, a 910 msnm,[3][4] a 40 km da capital provincial e situado entre os puntos quilométricos 109 e 110 da estrada N-VI Madrid-A Coruña. A poboación (referida ao 1 de xaneiro de 2006 polo INE) era de 326 persoas (161 homes, 165 mulleres). A superficie é de 31 km², aínda que están en litixio 6,31 ha coa localidade veciña.
Noroeste: Gutierre-Muñoz | Norte: Martín Muñoz de las Posadas | Nordeste: Martín Muñoz de las Posadas |
Oeste: Pajares de Adaja | Leste: Santa María la Real de Nieva | |
Suroeste: Pajares de Adaja | Sur: Sanchidrián | Sueste: Muñopedro |
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse restos -un xerro de bronce- de orixe visigodo no termo.[1] Con todo a orixe da poboación é posterior; a súa primeira mención escrita remóntase a 1250.[1] Durante o século XV pertenceu ao sexmo de Santo Tomei.[1]
O título de Vila osténtao en virtude de Real Cédula concedida polo monarca Filipe IV[5] o 15 de maio de 1630. No Decreto Real de 12 de marzo de 1691, asinado polo rei Carlos II, nomeaba a Pedro Núñez de Prado primeiro conde de Adanero.[5] Constituíuse como Vila libre en virtude da cédula expedida por Filipe V o 22 de setembro de 1741, reafirmada por Fernando V o 3 de maio de 1753 cunha nova Cédula Real nos mesmos termos que a que fose concedida poucos anos antes.
En 1845 a descrición que fixo o historiador Pascual Madoz Ibáñez (Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar, páx. 80), desta localidade, na primeira parte do século XIX, di que está situada nunha planicie de numerosos lagos: entón contaba con 218 casas e 774 habitantes. A xente dedicábase á agricultura, á arrieiría e ao comercio de gando:
«v. con ayunt. de la prov, adm. de rent. y dióc. de Avila (6 leg.), part. jud. de Arévalo (3), aud. terr. de Madrid (16), y c. g. de Casilla la Vieja: SIT. en una planicie, circundada de algunos lagos, de CLIMA sano, horizonte despejado, y mas propensa á fiebres intermitentes que á otras enfermedades: tiene 218 CASAS de regular distribucion, una de postas, otra de ayun., estafeta de correos, escuela de primera enseñanza, dotada de los fondos de propios, pósito, igl. parr. sólida y moderna, dedicada á la Asuncion de Ntra. Sra. y servida por 1 párroco y 1 beneficiado, que obtienen sus destinos por oposicion en concurso general, cementerio, 2 ermitas, una con advocacion á Jesus Nazareno, y otra á Sta. Ana, y aguas abundantes de pozo de mala calidad; las personas que quieren beberla mejor, la toman de un hermoso caño, construido poco ha de los fondos comunes a 1/2 leg. de la v. hacia el O. en el desp. de Mamblas. Confina el TÉRM. por N. con el de Martin Muñoz á dist. de 1/2 leg., E. con el r. Boltoya á poco más de 1/4, S. con térm. de Sanchidrian á 1/2, y O. con el r. Adaja á unos 3/4: sy cabida es de 7,034 fan. de tierra, 5,034 cultivadas y 2,000 incultas cultivables: quellas están divididas en 2 hojas, y cada año se siembra una de 2,517 fanegas.: en legumbres se emplean 80, y 316 en pasto: el TERRENO en lo general es llano y de buena calidad, y hácia el NE. á 1/2 leg. de dist. se encuentra un pinar de propios de la v.; por ella pasan los 3 correos generales á la semana, la carretera de la Coruña á Madrid, y no lejos la de Valladolid: el CAMINO provincial se halla en regular estado; PROD.: trigo, cebada, centeno, algarrobas, garrbanzos, ganado lanar y vacuno; POBL.: 182 vec., 774 hab. dedicadas á la agricultura, arrieria y tráfico de ganados; CAP. PROD.: 1.900,000 rs.; IMP.: 76,000 rs.; CONTR. 24,060 rs., 32 mrs. vn.»
Así mesmo Francisco de Paula Mellado en 1845 (España geográfica, histórica, estadística y pintoresca, páx. 151) e en 1846 (Guía del viagero en España, 3ª ed. pax. 476), describe a Adanero.
Demografía
[editar | editar a fonte]O municipio, que ten unha superficie de 31,42 km²,[7] conta segundo o padrón municipal para 2017 do INE con 211 habitantes e unha densidade de 6,72 hab./km².
Gráfica de evolución demográfica de Adanero entre 1842 e 2017 |
Poboación de dereito (1842-1897, excepto 1857 e 1860 que é poboación de feito) segundo os censos de poboación do século XIX.[8] Poboación de dereito (1900-1991) ou poboación residente (2001) segundo os censos de poboación do INE.[8] Poboación segundo o padrón municipal de 2011[9] e de 2017 do INE. |
Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]Na súa Praza Maior da poboación álzanse dous edificios dignos de mención: a casa do concello e a igrexa. Tamén se atopa na localidade o Palacio ou Mansión dos Condes de Adanero.
- Concello ou Palacio Consistorial da Vila de Adanero
O Concello ou Palacio Consistorial da Vila de Adanero, grande edificio de mediados do século XIX. Cabe destacar o seu reloxo, que rexeu as horas da Vila coa súa campá.
- Igrexa de Nuestra Señora de la Asunción
- Artigo principal: Igrexa de Nuestra Señora de la Asunción (Adanero).
A igrexa de Nuestra Señora de la Asunción de Adanero está declara Ben de Interese Cultural con categoría de monumento. Na súa estrutura podemos apreciar diferentes estilos arquitectónicos (románico-mudéxar, renacentista e barroco). Dentro atopamos tres naves soportadas por dous arcos de granito que soportan todo o peso sobre senllas columnas nos seus extremos. Na ornamentación interior atopámonos con belos retablos (cos retablos recentemente restaurados de San Miguel e de Santiago Matamouros) e confesionarios de inspiración barroca. Tamén destaca o seu órgano do século XVIII, desgraciadamente case irreparable, de Juan Francisco Verdalonga Romeu (os instrumentos da familia Verdalonga crearon unha estética no órgano español).
- Palacio dos Condes de Adanero
Tamén atopamos restaurado o Palacio ou mansión dos Condes de Adanero, de arquitectura típica das construcións nobres castelás en ladrillo e cuarteróns. Nela podemos contemplar a magnífica portada labrada en granito, co escudo tallado en pedra calcaria que pertence ao apelido Núñez de Prado que levaron os dous primeiros Condes de Adanero. Construído posiblemente a finais do século XVII.
- Telégrafo óptico
Durante o século XIX contou cunha torre do telégrafo óptico, restaurada en 2005 por unha compañía de telefonía móbil.
Patrimonio natural
[editar | editar a fonte]- Lavajo de San Antón
Para os amantes da ornitoloxía poden facilmente deleitarse no lavajo chamado de San Antón, nos arredores do pobo. As súas augas son permanentes, dando acubillo a azulóns, onde poden chegar a criar, e serve de lugar de descanso a pequenos limícolas, como o correlimos común, o andarríos chico e o andarríos grande nas súas viaxes cara aos seus cuarteis de cría e invernada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gutiérrez Robledo & et al. 2011, p. 145.
- ↑ 2,0 2,1 Xunta de Castela e León, ed. (28 de xaneiro de 1998). "DECRETO de 29 de decembro de 1997, da Presidencia da Deputación Provincial de Ávila, polo que se aproba o Escudo Heráldico e Bandeira Municipal do Concello de Adanero." (PDF). Boletín Oficial de Castela e León nº 18. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- ↑ Axencia Estatal de Meteoroloxía (ed.). "Datos de altitude para Adanero na páxina de previsión meteorolóxica de AEMET provenientes do Nomenclátor xeográfico de municipios e entidades de poboación do Instituto Geográfico Nacional".[Ligazón morta]
- ↑ Axencia Estatal de Meteoroloxía (ed.). "Interpretación: Predición por municipios". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Gutiérrez Robledo & et al. 2011, p. 146.
- ↑ Pascual Madoz, páxina 80
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Población, superficie y densidad por municipios - Ávila". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 Instituto Nacional de Estadística (España) (ed.). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842 - Adanero".
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero de 2011".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adanero |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gutiérrez Robledo, José Luis; et al. (2011). Memoria mudéjar en La Moraña: Adanero, Albornos, Aldeaseca, Arévalo, Cabizuela, Donvidas, Espinosa de los Caballeros, Horcajo de Las Torres, Langa, Madrigal de las Altas Torres, Narros de Saldueña, Pajares de Adaja, Palacios de Goda, San Esteban de Zapardiel y Sinlabajos. ASODEMA. ISBN 978-84-931071-1-6. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 12 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- Preckler, Ana María (2003). Historia del arte universal de los siglos XIX y XX 2. Editorial Complutense. ISBN 8474917077.