Antonio Gómez Fernández
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Antonio Santiago Gómez Fernández 13 de xullo de 1957 (67 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,81 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio Santiago Gómez Fernández, máis coñecido como Antonio Gómez, nado en Vigo o 13 de xullo de, 1957, é un adestrador e exfutbolista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Tras comezar no Areosa e xogar no Gran Peña,[1] subiu ao Celta de Vigo en 1976 xunto co gardameta Alemany. Debutou en Primeira División o 17 de outubro contra o Real Betis no Benito Villamarín. Disputou 27 partidos co Celta esa tempada, na que o equipo acabou baixando a Segunda, e formou parte do equipo que logrou o ascenso na campaña seguinte. Ao remate desta foi facer o servizo militar a Barbastro e mentres, foi cedido ao Zaragoza para a tempada 1978/79, máis só disputou dous partidos co club aragonés.[2] A continuación regresou a Vigo, permanecendo nas filas celestes ata 1984 e vivindo varios descensos e ascensos entre Primeira e Segunda B.
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional nunha ocasión coa selección española sub-21, coa que disputou un encontro fronte a Iugoslavia no estadio Maksimir de Zagreb en 1976.[3]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Unha vez que colgou as botas, deu o salto aos bancos, aínda que xa levaba adestrando equipos infantís e xuvenís dende antes de debutar como futbolista profesional.[4] Adestrou o Areosa e en 1987 pasou ao Xuvenil de Ponteareas,[5] co que logrou o ascenso á Terceira División, e quedou subcampión da Copa Galicia.[6]
En 1988 volveu ao Celta para coller as rendas do filial, o Turista, co que acabou campión da Rexional Preferente, ascendendo tamén a este equipo a Terceira, por primeira vez na historia do equipo. Continuou tres campañas máis no filial céltico, logrando ascender a Segunda B na tempada 1992/93.
No verán de 1993 asinou co Pontevedra CF, de Segunda B, onde permaneceu dúas tempadas e media, clasificando o equipo para unha promoción de ascenso na segunda delas.
En decembro de 1996 substituíu a Javier Yepes no CD Numancia, conseguindo ascender o equipo soriano ata a Segunda división, máis foi cesado en febreiro de 1998. A continuación adestrou a catro equipos da Segunda B: Valladolid Promesas, Cultural Leonesa (dúas veces), Ourense e Benidorm.
Entre 2007 e 2010 adestrou en Rexional Preferente, primeiro no Choco e despois no Céltiga. En 2010 foi contratado polo Real Murcia para dirixir o filial en Terceira. En 2011 converteuse no adestrador do Porriño Industrial, na Primeira Autonómica.
En xuño de 2012, os dirixentes do Coruxo oficializaron a contratación como novo adestrador do equipo verde para a tempada 2012/13 de Segunda B, sucedendo a Josiño Abalde.[7][8] O 23 de outubro de 2013 foi destituído, sendo substituído por Rafa Sáez.[9] O 26 de decembro de 2015 uniuse á AD Mérida como novo adestrador tras a destitución de Ángel Luis Alcázar.
O 22 de xuño de 2017 pasou a adestrar o Gran Peña, que durante a tempada 2017/18 competiu na primeira autonómica.[10] O 6 de novembro de 2019, o Gondomar CF anunciou a súa fichaxe.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Celta y Turista saldrán a escena el sábado en el campo municipal de Balaidos". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 22 de xullo de 1988. p. 57.
- ↑ "Gómez, del Celta, cedido al Zaragoza". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 1978. p. 41.
- ↑ "Los sub-21, goleados en Zagreb". El País (en castelán). 10 de outubro de 1976. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Habla el céltico Gómez". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 1977. p. 34.
- ↑ "Antonio Gómez, al Xuvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 26 de xullo de 1987. p. 39.
- ↑ "Tomiño-Xuvenil, primer partido de la final de la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 17 de xuño de 1988. p. 56.
- ↑ "Antonio Gómez entrenará al Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xuño de 2012. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "CORUXO OFICIALIZA CONTRATACIÓN DE GÓMEZ" (en castelán). 7 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Antonio Gómez, destituido como técnico del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 22 de outubro de 2013. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Antonio Gómez entrenará al Gran Peña el próximo curso". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2017. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Antonio Gómez, nuevo entrenador del Gondomar CF" (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en Vigo
- Nados en 1957
- Futbolistas de Vigo
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Gran Peña
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Cartagena FC
- Xogadores do Arosa SC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Celta de Vigo B
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores do CD Numancia
- Adestradores do Real Valladolid B
- Adestradores da Cultural Leonesa
- Adestradores do CD Ourense
- Adestradores do Benidorm CF
- Adestradores do CD Choco
- Adestradores do Céltiga FC
- Adestradores do Real Murcia Imperial
- Adestradores do Porriño Industrial
- Adestradores do Coruxo FC
- Adestradores do Al Wahda FC
- Adestradores do Mérida AD
- Adestradores do Gran Peña
- Adestradores do Gondomar CF