Gondomar Club de Fútbol
Gondomar | |||
---|---|---|---|
Nome | Gondomar Club de Fútbol | ||
Fundación | 1914 | ||
Estadio | As Gaiandas, Gondomar, Galicia | ||
Inauguración | 1944 | ||
Capacidade | 1450 | ||
Presidente | Rosa Álvarez (Rosita Cristaleiro) | ||
Adestrador | Iago González Rodriguez | ||
Liga | Segunda Autonómica Galicia Vigo | ||
2022–23 | 3º | ||
Vestimenta | BKA | ||
Patrocinador | Servifrei | ||
Na rede | |||
| |||
O Gondomar Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Gondomar. Foi fundado en 1914 e actualmente compite no Grupo de Vigo da Segunda Autonómica de Galicia. Xoga de local no Campo das Gaiandas.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado en 1914 por un grupo de rapaces co nome de Gondomar Football Club, cando en Vigo existían xa o Vigo Foot-ball Club e o Real Club Fortuna. En 1917 mudaron o nome do equipo polo de Gondomar Sporting Club, constituíndose oficialmente ante o Goberno Civil de Pontevedra. Por entón aínda non participaban en competicións oficiais, senón en partidos amigábeis. Xa en 1922 o Gondomar SC e o Iris FC -outro equipo da vila- fundaron o equipo Miñor FC coa intención de federalo, mais pouco despois o Iris FC botouse atrás e fundouse de novo o Gondomar SC. O primeiro campo, na zona das Cercas, foi cedido por Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada, undécimo conde de Gondomar.
En 1943 iniciáronse os trámites para construír o campo municipal das Gaiandas, inaugurado en 1944 polo presidente do club, Vicente Vázquez, e o alcalde do concello, Francisco Alborés. O equipo federouse entón co nome de Club Gondomar. Un dos primeiros triunfos acadados foi o campionato do Baixo Miño-Val Miñor, que lle permitiu disputar o título de Campión de Campións cos gañadores das fases celebradas nas outras comarcas do sur de Galicia. Venceu na final ao Coruxo FC.
Logo de anos nas categorías rexionais, na tempada 1980-81 ascenderon a Rexional Preferente. Na tempada 1981-82 quedaron segundos e xogaron a promoción a Terceira contra o Meirás. Empataron na ida xogada en Ferrol e venceron 4-1 no encontro de volta con tres goles de Javier, o que permitiu lograr un novo ascenso. Logo de perder a categoría chegaría a recuperala anos despois. Na década de 1990 volveu xogar nas categorías rexionais, e despois logrou estabilizarse en Rexional Preferente. Nos últimos anos o club sufriu dous descensos de categoría, pasando de disputar a Rexional Preferente á Segunda Autonómica de Galicia.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 3ª: 14
- Tempadas en Preferente( Serie A): 23
- Tempadas en 1ª Autonómica: 5
- Tempadas en 2ª Autonómica: 4
- Tempadas en Campionatos Comarcais: 21
Participou en dous Campionatos Galegos de Afeccionados e en cinco Copas Galicia.
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Final da Preferente Autonómica (1) 1985-86
- Preferente Autonómica (1) 1985-86
- Campionato Comarcal de Zonas Baixo Miño – Val Miñor (1) 1955
- Copa Comarcal (1) 1981
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La federación propone cancelar el fútbol de Primera Galicia para abajo". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-04. Consultado o 2022-07-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do club en lapreferente.com (en castelán)
- Datos do club en resultados-futbol.com (en castelán)
- Datos do club en siguetuliga.com (en castelán)