[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Crime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deseño amosando un home sendo roubado e agredido. O roubo e a lesión corporal son exemplos de crimes.

Un crime[1][2] (do termo en latín crimen) ou delito é unha ofensa á lei penal dun estado ou doutra autoridade.[3] O crime, así como toda infracción penal, caracterízase pola práctica dunha conduta tipificada pola lei penal como ilícita. Só se consideran crimes as condutas practicadas por humanos.

Nun sentido vulgar, crime é un acto que viola unha norma moral. Nun sentido formal, crime é unha violación da lei penal incriminadora. No concepto material, crime é unha acción ou omisión que se prohibe e se procura evitar, ameazándoa con pena, porque constitúe ofensa (dano ou perigo) a un ben xurídico individual ou colectivo. A prohibición de actos como o asasinato, a violación e o roubo é internacional.[4]

Como concepto analítico, o crime pode ser dividido en dúas vertentes: a causalista e a finalística. A teoría causalista da acción (ou Teoría Clásica), observa o crime como un feito tipificado como tal por lei e ilegal. Tal división baséase na premisa de que a culpabilidade é un vínculo subxectivo entre a acción e o resultado de certa conduta e non é considerada como requisito para caracterizar un crime.

Para a teoría finalista da acción, a máis aceptada polos doutrinadores, unha conduta só será considerada criminal se for típica, ilícita e culpábel, unha vez que os motivos e obxectivos subxectivos do axente son analizados e decisivos para a caracterización ou non da infracción. A conduta só será considerada criminal se for recoñecido o dolo na motivación do axente criminoso, ou a culpa, cando a Lei Penal expresamente prever esta posibilidade.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para crime.
  2. Definición de crime no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Crime". Oxford English Dictionary Second Edition on CD-ROM. Oxford: Oxford University Press. 2009. 
  4. Easton, Mark (17 de xuño de 2010). "What is crime?". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de xuño de 2013. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre dereito é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.