[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Cacicado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo cacicado[1] aplícase, en antropoloxía social, a unha das fases da evolución organizativa das sociedades tribais, concretamente ao máis avanzado deles, "que anuncia a forma estatal nas súas complexidades".[2] É unha forma de organización moi típica dos clans de Polinesia e Micronesia, aínda que tamén se encontrou frecuentemente en Asia Central, entre os bantús en África, no Caribe e, en xeral, en toda América.

Organización xeral

[editar | editar a fonte]

A organización política do "cacicado" abrangue un ámbito rexional, a cuxa fronte se sitúan xefes militares e poderosas nobrezas primitivas, con economías diversificadas e de elevada produtividade. Trátase, polo tanto, dun modelo ben diferenciado da tradicional "tribo segmentaria", que se caracterizaba por estar escasamente dotada economicamente falando e politicamente fragmentada, con caudillos locais, de alcance limitado e sen privilexios.[3] O "cacicado", en troques, responde a varios elementos estruturais e organizativos, conforme á descrición de Marshall Sahlins:

  • Suprime distincións segmentarias entre tribos, mediante a creación dunha xerarquía administrativa, a cuxa cabeza se atopa un cacique (ou figura semellante).
  • É unha sociedade pechada, non permeable.
  • A comunidade local convértese nunha subdivisión política do conxunto rexional.
  • Ten estrutura social estratificada, mais non é unha sociedade de clases.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacicado.
  2. Sahlins, Marshall D. (1972): Las sociedades tribales, Ed. Labor, 1ª edic. Barcelona. Dep.Leg. B-5073-1972, p. 38 (existe unha edición máis reciente, de 1984, con ISBN 84-335-5733-5)
  3. Sahlins: op.cit., p.40

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]