Shi Jian 6
Aparencia
Shi Jian 6 ou SJ 6 foi unha serie de oito satélites artificiais da China lanzados entre 2004 e 2010, todos mediante foguetes CZ-4B desde o Centro de lanzamento de Taiyuan.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélite SJ 6 foron denominados SJ 6A, 6B, 6C, 6D, 6E, 6F, 6G e 6H. Foron construídos pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés) e eran lanzados por pares. A súa misión era estudar a contorna de radiación da Terra e realizar outros experimentos no espazo. Posiblemente tamén fixeran tarefas de intelixencia electrónica.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
SJ 6A | 8 de setembro de 2004 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6B | 8 de setembro de 2004 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6C | 23 de outubro de 2006 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6D | 23 de outubro de 2006 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6E | 25 de outubro de 2008 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6F | 25 de outubro de 2008 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6G | 6 de outubro de 2010 | CZ-4B | Éxito |
SJ 6H | 6 de outubro de 2010 | CZ-4B | Éxito |