[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Shi Jian 2A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shi Jian 2A / SJ 2A
TipoCientífico
FabricanteCAST
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento19 de setembro de 1981[1][4][5]
Foguete portadorFB-1[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[1][2]
Decaemento6 de outubro de 1982[4]
NSSDC ID1981-093B
Masa28 kg[1]

Shi Jian 2A ou SJ 2A foi un satélite artificial da China lanzado o 19 de setembro de 1981 a bordo dun foguete Feng Bao 1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan xunto cos satélites Shi Jian 2 e Shi Jian 2B.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

SJ 2A foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 28 kg e foi lanzado para estudar a ionosfera terrestre usando unha baliza transmisora para medir a distribución de densidade dos electróns na ionosfera. A baliza funcionaba a frecuencias de entre 40,5 e 162 MHz. O satélite reentrou na atmosfera o 6 de outubro de 1982. Un satélite idéntico non chegou a órbita nun lanzamento anterior, polo que SJ-2A pode considerarse o seu sucesor.[1][2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 2C" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 2A" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-2A" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2021). "SJ-2A ("Chinasat 10")" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]