[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Zarautz é unha cidade e concello do País Vasco, situada na parte oriental da comarca de Urola Kosta, na provincia de Guipúscoa. Esta vila turística linda ao leste e ao sur co concello de Aia, e ao oeste co concello e cidade de Getaria. Posúe catro enclaves, que lindan cos concellos xa mencionados, chamados Alkortiaga, Elkano, Sola e Arbestain. Este último comparte fronteira tamén co concello de Aizarnazabal. En 2023 (INE) contaba cunha poboación de 23 152 habitantes, mais en épocas estivais, adoita chegar aos 45 000. Zarautz atópase a uns 15 km de distancia da capital provincial, Donostia.

Modelo:Xeografía políticaZarautz
Imaxe

Alcumehaizeak Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°17′11″N 2°10′29″O / 43.2863, -2.1748
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasUrola Kosta Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.152 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.564,32 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie14,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1237 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataXabier Txurruka Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE20079 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webzarautz.eus Editar o valor en Wikidata

Foi fundada, como vila, en 1237 por Fernando III de Castela. Ata o século XVI, os seus habitantes adicábanse, mormente, á pesca, en especial, á de baleas. Logo, coa desaparición da balea do Cantábrico, os habitantes da vila comezaron a adicarse a outros mesteres, como á agricultura, á industria téxtil ou á fabricación de móbeis e barcos.

Segundo algúns manuscritos achados, aínda que non conclusos, nos estaleiros de Zarautz construíuse a primeira nave que deu a volta ao mundo, nomeada ''nao Victoria'', comandada por Juan Sebastián Elcano, nado ao carón de Zarautz, na localidade veciña de Getaria.

Cos seus 2,8 km, a praia de Zarautz é a máis extensa do País Vasco, do mesmo xeito que unha das máis longas do mar Cantábrico. A zona preto ao paseo marítimo destacaba pola presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante o século XIX, que foron substituídas gradualmente por edificios e vivendas. O Palacio de Narros, situado á fronte da praia, foi un posto de veraneo para a raíña Isabel II de España, así como da raíña consorte de Bélxica, Fabiola de Bélxica.

Historia

editar

Entre as primeiras noticias históricas acerca de Zarautz está a concesión de carta foral polo rei Fernando III de Castela en 1237. A súa poboación dedicouse tradicionalmente á pesca, especialmente a de baleas. Esta tradición mariñeira continuou até o século XVI, pasou a dedicarse en boa medida a actividades industriais como ferrerías, estaleiros navais, confección téxtil e de mobles.

Na segunda metade do XIX douse unha importante evolución na economía local, cando a raíña Isabel II de España colleu o costume de pasar un tempo de repouso no verán, e escolleu a vila de Zarautz como lugar de estancia; á raíña foi seguida de familias nobiliarias e outras persoalidades que arrastraban consigo un numeroso séquito. Zarautz pasou a converterse nunha das primeiras localidades turísticas de España. A localidade enriqueceuse con construcións luxuosas e o ritmo mantívose durante a primeira metade do século XX.

Monumentos

editar
  • Palacio de Narros de 1536, arrodeado dun xarín á inglesa. Nel hospedouse a raíña Isabel II e outras personalidades.
  • Casa-Torre dos Zarrautz de fins do século XV.
  • Torre Luzea, tamén do XV.
  • Casa Portu do século XVI; hoxe Casa do Concello.
  • Casa Makatza do XV, con aspecto de casa-torre defensiva.
  • Casa Dotorqua do XVI, exemplo arquitectónico tradicional vasco.
  • Igrexa Parroquial de Santa Maria la Real, con transformacións ao longo dos séculos.
  • Convento dos Padres franciscanos, del 1610, contén unha importante biblioteca vasca.
  • Convento de Santa Clara de 1611.

A cidade está dotada de moitos xardíns e parques: Parque de Vista Alegre', Parque de Mutxio, Parque de Torre Luzea, Parque de Pagoeta (cun museo no mesmo parque e cunha antiga ferraría).

Proximidades

editar
  • A 15 km, Orio, pintoresco paisaxe vasca sobre do río Oria.
  • A 10 km, Getaria, porto de pesca tradicional.
  • A 12 km, Zumaia , outra localidade litoral.
  • A 28 km, Santuario de Loiola grandioso complexo monastico que comprende a casa da familia Loyola con recordos e reliquias do santo.

Festas

editar

As máís importantes son a patronais de San Pelaio do 25 ao 27 de xuño. Tamén a festas da Virxe, do 14 ao 17 de agosto e as Euskal Jaiak o 9 de setembro.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar