Vilanova de Arousa
Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Vilanova de Arousa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.225 (2023) (285,3 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 35,84 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 50 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Gonzalo Durán Hermida | ||||
Eleccións municipais en Vilanova de Arousa | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36620 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36061 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vilanovadearousa.com | ||||
Poboación
editarFonte: Instituto Nacional de Estadística 1857-2011
Evolución da poboación de Vilanova de Arousa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.817 | 8.614 | 11.277 | 15.282 | 10.421 | 10.719 | 10.614 | 10.590 | 10.502 | 10.459 | 10.422 | 10.406 | 10.352 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarAtópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai unha ponte romana coñecida como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.
A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conserva a torre do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.
No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.
Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro.
Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre citar os sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738 e foi levantado por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.
No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.
Recursos
editarVilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas [Cómpre referencia]. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e importante fonte de riqueza.
Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a Idade Media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.
Cultura
editarArquitectura
editar- Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico.
- Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior.
- Pazo da rúa Nova en András.
- Torre de Miranda, en Caleiro.
- Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).
Vilanova na literatura popular
editarGalería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilanova de Arousa.
-
Igrexa.
-
Desembocadura do río Currás.
-
Monte de Lobeira.
-
Vista xeral.
-
Solpor na praia do Terrón
Parroquias
editarLugares de Vilanova de Arousa
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.
Notas
editar- ↑ O Monte Lobeira está situado na parroquia de András. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilanova de Arousa |
Bibliografía
editar- Vila Fariña, Xosé Lois. Historia municipal de Vilanova de Arousa, 1835-1945, 2007. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-294-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán Arquivado 11 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., dedicada a investigación da vida e obra de Valle-Inclán.
- Concello de Vilanova de Arousa. (en castelán)