Universidade Estatal de Moscova
A Universidade Estatal de Moscova, ou Universidade Estatal M. V. Lomonósov de Moscova (en ruso: Московский государственный университет имени М. В. Ломоносова - МГУ; transliterado: Moskóvskiy gosudárstvenniy universitét ímeni M. V. Lomonósova - MGU), é a maior e máis antiga universidade da Federación Rusa.
Universidade Estatal de Moscova | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada por Mikhaíl Lomonósov en 1755, seguindo o modelo das universidades alemás.[1] En 1940 a universidade foi renomeada co nome do seu fundador.
Levántase na Cuíña dos Pardais, sobor do río Moscova, no suroeste da capital.[1]
No ano 2004 a universidade tiña cerca de 4 000 profesores, 31 000 estudantes e 7 000 doutorados.
Historia
editarA universidade fundouse o 12 de xaneiro de 1755, segundo o calendario xuliano (o 25 de xaneiro segundo o calendario gregoriano), por un decreto da Emperatriz Isabel I de Rusia, Elizaveta Petrovna, (filla de Pedro o Grande).
Desde entón o 25 de xaneiro, o día de Santa Tatiana, celébrase como o Día dos estudantes en todo o mundo rusofalante, e ese día tamén recibe o nome de Día de Tatiana. Así mesmo ese día acaban os exames do semestre do outono universitario.
Durante o reinado de Catarina a Grande a universidade foi trasladada a unha serie de edificios neoclásicos na rúa Mojovaya.
Na segunda metade do século XIX, a Universidade Estatal de Moscova converteuse no centro máis importante de investigación científica e outros estudos de Rusia.[1]
En 1905 unha organización de tipo social democrático foi creada na universidade co fin de expulsar ao tsar do poder e transformar o país nunha república. O goberno tsarista pechou a universidade en varias ocasións como resposta.
En 1911 producíronse importantes protestas cando as tropas do tsar entraron no campus detendo a varios profesores. Un total de 130 científicos e profesores dimitiron en masa, incluíndo algúns tan destacados como Nikolái Zelinski, Piotr Lébedev e Serguéi Chaplyguin. Varios miles de estudantes foron tamén expulsados da universidade ese ano.
Tras a Revolución de Outubro de 1917 a universidade abriuse ás clases populares e non tan só á burguesía acomodada. En 1919 elimináronse os custos de matrícula e habilitáronse instalacións nas que os estudantes humildes podían preparar os seus exames de acceso á universidade.
A universidade experimentou unha notábel expansión despois da Revolución Rusa de 1917, e mantivo o seu papel preeminente en matemáticas, física, química, mecánica, astronomía e outras disciplinas durante o período soviético. Actualmente conta con máis de 350 laboratorios, varios institutos de investigación, varios observatorios e tamén varios museos. A súa biblioteca de investigación Gorky é unha das bibliotecas máis grandes de Rusia.[1]
En 1940 a universidade foi renomeada co nome do seu fundador Mikhaíl Lomonósov.
Entre os estudantes máis coñecidos da Universidade Estatal de Moscova están os escritores Mikhaíl Lérmontov, Anton Chekhov e Ivan Turgenev, os intelectuais radicais Aleksandr Herzen e V. G. Belinsky e o líder soviético Mikhaíl Gorbachov.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Estatal de Moscova |
Ligazóns externas
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|