The Notorious B.I.G.
Christopher George Latore Wallace, nado en Brooklyn (Nova York) o 21 de maio de 1972 e finado nos Ánxeles (California) o 9 de marzo de 1997, foi un rapeiro estadounidense, máis coñecido como The Notorious B.I.G.. Tamén se lle coñece como Biggie Smalls (como o refinado gánster do filme de 1975 Let's Do It Again) ou como Frank White (como o personaxe interpretado por Christopher Walken en King of New York).
Traxectoria
editarWallace medrou durante os anos de auxe do crack, comezou a traficar con drogas con moi pouca idade. Cando publicou o seu primeiro álbum en 1994 Ready to Die, xa era a figura central na escena hip hop da Costa Leste que rivalizaba coa Costa Oeste liderada por Tupac Shakur. Ó ano seguinte forma o grupo Junior M.A.F.I.A. con outros amigos de infancia.
Faleceu o 9 de marzo de 1997 tiroteado no seu coche nos Ánxeles. Quince días despois publicouse o seu segundo álbum, Life After Death, que acadou o número un nas listas americanas, converténdose no álbum de hip hop máis vendido con 28 millóns de discos. Editáronse outros tres álbums despois da súa morte. A MTV clasificouno no terceiro posto na lista dos máis grandes MC de todos os tempos.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |