Sapoconcho común
O sapoconcho común[1][2] (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia Occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África. Vive preto ou en cursos de auga cuxa corrente sexa lenta e inverna durante máis de sete meses ao ano no fondo da auga. É unha tartaruga de tamaño medio e varía segundo as zonas entre 12 e 38 cm de lonxitude. A súa casca é marrón con zonas verdosas e algunha mancha amarelada.
Sapoconcho | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Emys orbicularis (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Hai entre 5000 e 8000 anos, cando o clima europeo era máis cálido, esta tartaruga podíase atopar máis ao norte acadando a actual zona do sur de Suecia.
Parasitos
editarEsta especie pode albergar diversas especies de parasitos, incluídos Haemogregarina stepanovi, monoxéneos do xénero Polystomoides, trematodos vasculares do xénero Spirhapalum e varias especies de nematodos.
Notas
editar- Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group (1996). "Emys orbicularis". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 4 de abril de 2009.
Notas
editar- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
- ↑ Sapoconcho común (Emys orbicularis). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Sapoconcho común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sapoconcho común |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Emys orbicularis Arquivado 29 de setembro de 2004 en Wayback Machine.
- ARKive - Images and movies of the European pond turtle (Emys orbicularis)