[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Os Ondas son uns premios concedidos anualmente pola emisora Radio Barcelona (pertencente á Cadena SER) desde 1953 e que recoñecen ós profesionais, empresas e traballos nacionais e internacionais máis destacados dentro dos ámbitos da radio, televisión, publicidade, cine e música.

Historia

editar

O nacemento deste galardón celebrouse xunto co 30º aniversario de Radio Barcelona e xurdiu coma un prestixioso recoñecemento para as persoas que traballan na comunicación.

O seu antecedente foi o Concurso Anual de Guións que tamén convocaba a SER e cuxa primeira edición tivo lugar en 1953. Estaban patrocinados pola desaparecida revista Ondas que, daquela, anunciou a aparición dos galardóns da radio a partir de 1954 e cada 14 de novembro.

Gala de entrega

editar

Trátase duns galardóns moi prestixiosos en España que se entregan nunha gala con actuacións musicais e que adoita ser retransmitida polas emisoras e canles televisivas do grupo PRISA, ó que tamén pertence a propia Cadena SER.

Esta gala estivo conducida nos últimos anos polos dous xornalistas máis representativos da Cadena SER, Gemma Nierga e Iñaki Gabilondo, que nas últimas edicións (desde que deixara a radio para fichar pola canle Cuatro onde presenta informativos) foi substituído por Carles Francino.

Premiados

editar

Entre os numerosos premiados nas distintas categorías están:

E producións coma:

Palmarés

editar

Ligazóns externas

editar