Candela Peña
María del Pilar Peña Sánchez, nada en Gavà (provincia de Barcelona) o 14 de xullo de 1973, é unha actriz catalá, máis coñecida polo seu nome artístico de Candela Peña.
Traxectoria
editarFilla única, creceu no bar que os seus pais rexentaban. Ós catro anos de idade daba clases de ballet no Instituto da Danza de Barcelona: Escolleu o nome artístico de Candela por un fragmento de La Casa de Bernarda Alba onde dicían "¿encendieron la candela?", cando os seus compañeiros de instituto lle dixeron que Pilar Peña non tiña moito gancho para unha actriz e empezaron a chamala así. Ós 17 anos acabou COU e marchou ó Centro Andaluz de Teatro en Sevilla; máis tarde marchou vivir a Madrid. Motivada por Pedro Almodóvar, escribiu en 2001 a novela Pérez Príncipe, María Dolores.
Nomeada ó Premio Goya varias veces, obtívoo en 2003 por Te doy mis ojos e en 2005 por Princesas, o seu grande éxito.
Filmografía
editar- Días contados (1994)
- Boca a boca (1995)
- Hola, ¿estás sola? (1995)
- La celestina(1996)
- ¿De qué se ríen las mujeres? (1997)
- Un, dos, tres, ¡Taxi! (1997)
- Insomnio (1998)
- Novios (1999)
- Todo sobre mi madre (1999)
- Sin vergüenza (2001)
- Desaliñada (2001)
- No somos nadie (2002)
- Te doy mis ojos (2003)
- Descongélate! (2003)
- Torremolinos 73 (2003)
- Los muertos van deprisa (2003)
- ¡Hay motivo! (2004)
- Princesas (2005)
- The Three Ages of the Crime (2005)
Premios
editar- Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria (2012) por Una pistola en cada mano.
- Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista (2005) por Princesas.
- Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria (2003) por Te doy mis ojos.
- Candidata ó Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria por Días contados (1994) e Todo sobre mi madre (1999).
- Candidata ó Premio Goya á mellor actriz revelación (1994).
- Mellor actriz de cine (2003)
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor actriz | Schimbare | Nomeada |