[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Premios Óscar

premio concedido pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas
(Redirección desde «Premio Oscar»)

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar,[1] son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS),[2] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.[3]

Premios Óscar
Tipogrupo de premios
Data de fundación1929
SedeHollywood
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.oscars.org/ e https://www.oscars.org/oscars
IMDB: ev0000003 Facebook: TheAcademy Instagram: theacademy Youtube: UCb-vZWBeWA5Q2818JmmJiqQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Alfombra vermella en Hollywood and Highland, en febreiro de 2009 (81ª cerimonia).

Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Cerimonia

editar

Primeira cerimonia

editar
 
Primeira cerimonia dos oscars en 1929

Os premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.[4]

A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade.[5] Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica, así como dun gran banquete.[6]

Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.[7]

Cerimonias

editar

A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.[8][9][10]

Cerimonia Data Mellor filme Duración Presentador(es) Lugar
1ª edición dos Óscar 16 de maio de 1929 Wings 2 horas, 19 minutos Douglas Fairbanks, William C. deMille Hollywood Roosevelt Hotel
2ª edición dos Óscar 3 de abril de 1930 The Broadway Melody 1 hora, 50 minutos William C. deMille Ambassador Hotel
3ª edición dos Óscar 5 de novembro de 1930 All Quiet on the Western Front 2 horas, 13 minutos Conrad Nagel
4ª edición dos Óscar 10 de novembro de 1931 Cimarron 2 horas, 3 minutos Lawrence Grant Biltmore Hotel
5ª edición dos Óscar 18 de novembro de 1932 Grand Hotel 1 hora, 52 minutos Lionel Barrymore, Conrad Nagel Ambassador Hotel
6ª edición dos Óscar 16 de marzo de 1934 Cavalcade 1 hora, 50 minutos Will Rogers
7ª edición dos Óscar 27 de febreiro de 1935 It Happened One Night 1 hora, 45 minutos Irvin S. Cobb Biltmore Hotel
8ª edición dos Óscar 5 de marzo de 1936 Mutiny on the Bounty 2 horas, 12 minutos Frank Capra
9ª edición dos Óscar 4 de marzo de 1937 The Great Ziegfeld 2 horas, 56 minutos George Jessel
10ª edición dos Óscar 10 de marzo de 1938 The Life of Emile Zola 1 hora, 56 minutos Bob Burns
11ª edición dos Óscar 23 de febreiro de 1939 You Can't Take It with You 2 horas, 6 minutos Ninguén
12ª edición dos Óscar 19 de febreiro de 1940 Foise co vento 3 horas, 52 minutos Bob Hope Ambassador Hotel (Cocoanut Grove)
13ª edición dos Óscar 27 de febreiro de 1941 Rebecca 2 horas, 10 minutos Bob Hope Biltmore Hotel (Biltmore Bowl)
14ª edición dos Óscar 26 de febreiro de 1942 Que verde era o meu val 1 hora, 48 minutos Ninguén
15ª edición dos Óscar 4 de marzo de 1943 Mrs. Miniver 2 horas, 14 minutos Bob Hope Ambassador Hotel (Cocoanut Grove)
16ª edición dos Óscar 2 de marzo de 1944 Casablanca 1 hora, 42 minutos Jack Benny Grauman's Chinese Theater
17ª edición dos Óscar 15 de marzo de 1945 Going My Way 2 horas, 10 minutos Bob Hope, John Cromwell
18ª edición dos Óscar 7 de marzo de 1946 A fin de semana perdida 1 hora, 41 minutos Bob Hope, James Stewart
19ª edición dos Óscar 13 de marzo de 1947 Os mellores anos da nosa vida 2 horas, 52 minutos Jack Benny Shrine Auditorium
20ª edición dos Óscar 20 de marzo de 1948 Gentleman's Agreement 1 hora, 58 minutos Agnes Moorehead, Dick Powell
21ª edición dos Óscar 24 de marzo de 1949 Hamlet 1 hora, 35 minutos Robert Montgomery The Academy Theater
22ª edición dos Óscar 23 de marzo de 1950 All the King's Men 1 hora, 50 minutos Paul Douglas Pantages Theatre
23ª edición dos Óscar 29 de marzo de 1951 Todo sobre Eva 2 horas, 18 minutos Fred Astaire
24ª edición dos Óscar 20 de marzo de 1952 Un americano en París 1 hora, 53 minutos Danny Kaye
25ª edición dos Óscar 19 de marzo de 1953 O maior espectáculo do mundo 1 hora, 32 minutos Bob Hope, Conrad Nagel Pantages Theatre /
NBC International Theatre
26ª edición dos Óscar 25 de marzo de 1954 De aquí á eternidade 1 hora, 58 minutos Donald O'Connor, Fredric March Pantages Theatre /
NBC Century Theatre
27ª edición dos Óscar 30 de marzo de 1955 A lei do silencio 1 hora, 48 minutos Bob Hope, Thelma Ritter
28ª edición dos Óscar 21 de marzo de 1956 Marty 1 hora, 30 minutos Jerry Lewis, Claudette Colbert, Joseph L. Mankiewicz
29ª edición dos Óscar 27 de marzo de 1957 A volta ao mundo en oitenta días 3 horas, 8 minutos Jerry Lewis, Celeste Holm
30ª edición dos Óscar 26 de marzo de 1958 A ponte sobre o río Kwai 2 horas, 41 minutos Bob Hope, David Niven, James Stewart, Jack Lemmon, Rosalind Russell Pantages Theatre
31ª edición dos Óscar 6 de abril de 1959 Gigi 1 hora, 55 minutos Bob Hope, David Niven, Tony Randall, Mort Sahl, Sir Laurence Olivier, Jerry Lewis
32ª edición dos Óscar 4 de abril de 1960 Ben-Hur 1 hora, 40 minutos Bob Hope
33ª edición dos Óscar 17 de abril de 1961 O apartamento 2 horas, 5 minutos Bob Hope Santa Monica Civic Auditorium
34ª edición dos Óscar 9 de abril de 1962 West Side Story 2 horas, 10 minutos Bob Hope
35ª edición dos Óscar 8 de abril de 1963 Lawrence de Arabia 2 horas, 30 minutos Frank Sinatra
36ª edición dos Óscar 13 de abril de 1964 Tom Jones 2 horas, 8 minutos Jack Lemmon
37ª edición dos Óscar 5 de abril de 1965 My Fair Lady 2 horas, 50 minutos Bob Hope
38ª edición dos Óscar 18 de abril de 1966 Sorrisos e lágrimas 2 horas, 54 minutos Bob Hope
39ª edición dos Óscar 10 de abril de 1967 Un home para a eternidade 2 horas, 31 minutos Bob Hope
40ª edición dos Óscar 10 de abril de 1968 Na calor da noite 1 hora, 50 minutos Bob Hope
41ª edición dos Óscar 14 de abril de 1969 Oliver! 2 horas, 33 minutos Ninguén Dorothy Chandler Pavilion
42ª edición dos Óscar 7 de abril de 1970 Cowboy de medianoite 2 horas, 25 minutos Ninguén
43ª edición dos Óscar 15 de abril de 1971 Patton 2 horas, 52 minutos Ninguén
44ª edición dos Óscar 10 de abril de 1972 The French Connection 1 hora, 44 minutos Helen Hayes, Alan King, Sammy Davis, Jr., Jack Lemmon
45ª edición dos Óscar 17 de marzo de 1973 O padriño 2 horas, 38 minutos Carol Burnett, Michael Caine, Charlton Heston, Rock Hudson
46ª edición dos Óscar 2 de abril de 1974 O golpe 3 horas, 23 minutos John Huston, Burt Reynolds, David Niven, Diana Ross
47ª edición dos Óscar 8 de abril de 1975 O padriño (II parte) 3 horas, 20 minutos Sammy Davis, Jr., Bob Hope, Shirley MacLaine, Frank Sinatra
48ª edición dos Óscar 29 de marzo de 1976 Alguén voou sobre o niño do cuco 3 horas, 12 minutos Goldie Hawn, Gene Kelly, Walter Matthau, George Segal, Robert Shaw
49ª edición dos Óscar 28 de marzo de 1977 Rocky 3 horas, 38 minutos Warren Beatty, Ellen Burstyn, Jane Fonda, Richard Pryor
50ª edición dos Óscar 3 de abril de 1978 Annie Hall 3 horas, 30 minutos Bob Hope
51ª edición dos Óscar 9 de abril de 1979 O cazador 3 horas, 25 minutos Johnny Carson
52ª edición dos Óscar 14 de abril de 1980 Kramer contra Kramer 3 horas, 12 minutos Johnny Carson
53ª edición dos Óscar 31 de marzo de 1981 Xente corrente 3 horas, 13 minutos Johnny Carson
54ª edición dos Óscar 29 de marzo de 1982 Chariots of Fire 3 horas, 24 minutos Johnny Carson
55ª edición dos Óscar 11 de abril de 1983 Gandhi 3 horas, 15 minutos Liza Minnelli, Dudley Moore, Richard Pryor, Walter Matthau
56ª edición dos Óscar 9 de abril de 1984 A forza do cariño 3 horas, 42 minutos Johnny Carson
57ª edición dos Óscar 25 de marzo de 1985 Amadeus 3 horas, 10 minutos Jack Lemmon
58ª edición dos Óscar 24 de marzo de 1986 Memorias de África 3 horas, 2 minutos Alan Alda, Jane Fonda, Robin Williams
59ª edición dos Óscar 30 de marzo de 1987 Platoon 3 horas, 19 minutos Chevy Chase, Goldie Hawn, Paul Hogan
60ª edición dos Óscar 11 de abril de 1988 O derradeiro emperador 3 horas, 33 minutos Chevy Chase Shrine Auditorium
61ª edición dos Óscar 29 de marzo de 1989 Rain Man 3 horas, 19 minutos Ninguén
62ª edición dos Óscar 26 de marzo de 1990 Paseando a Miss Daisy 3 horas, 37 minutos Billy Crystal Dorothy Chandler Pavilion
63ª edición dos Óscar 25 de marzo de 1991 Dances with Wolves 3 horas, 35 minutos Billy Crystal Shrine Auditorium
64ª edición dos Óscar 30 de marzo de 1992 O silencio dos cordeiros 3 horas, 33 minutos Billy Crystal Dorothy Chandler Pavilion
65ª edición dos Óscar 29 de marzo de 1993 Sen perdón 3 horas, 30 minutos Billy Crystal
66ª edición dos Óscar 21 de marzo de 1994 A lista de Schindler 3 horas, 18 minutos Whoopi Goldberg
67ª edición dos Óscar 27 de marzo de 1995 Forrest Gump 3 horas, 35 minutos David Letterman Shrine Auditorium
68ª edición dos Óscar 25 de marzo de 1996 Braveheart 3 horas, 38 minutos Whoopi Goldberg Dorothy Chandler Pavilion
69ª edición dos Óscar 24 de marzo de 1997 O paciente inglés 3 horas, 34 minutos Billy Crystal Shrine Auditorium
70ª edición dos Óscar 23 de marzo de 1998 Titanic 3 horas, 47 minutos Billy Crystal
71ª edición dos Óscar 21 de marzo de 1999 Shakespeare in Love 4 horas, 2 minutos Whoopi Goldberg Dorothy Chandler Pavilion
72ª edición dos Óscar 26 de marzo de 2000 American Beauty 4 horas, 4 minutos Billy Crystal Shrine Auditorium
73ª edición dos Óscar 25 de marzo de 2001 Gladiator 3 horas, 23 minutos Steve Martin
74ª edición dos Óscar 24 de marzo de 2002 A Beautiful Mind 4 horas, 23 minutos Whoopi Goldberg Dolby Theatre
75ª edición dos Óscar 23 de marzo de 2003 Chicago 3 horas, 30 minutos Steve Martin
76ª edición dos Óscar 29 de febreiro de 2004 The Lord of the Rings: The Return of the King 3 horas, 44 minutos Billy Crystal
77ª edición dos Óscar 27 de febreiro de 2005 Million Dollar Baby 3 horas, 14 minutos Chris Rock
78ª edición dos Óscar 5 de marzo de 2006 Crash 3 horas, 33 minutos Jon Stewart
79ª edición dos Óscar 25 de febreiro de 2007 Infiltrados 3 horas, 51 minutos Ellen DeGeneres
80ª edición dos Óscar 24 de febreiro de 2008 Non é un país para vellos 3 horas, 21 minutos Jon Stewart
81ª edición dos Óscar 22 de febreiro de 2009 Slumdog Millionaire 3 horas, 30 minutos Hugh Jackman
82ª edición dos Óscar 7 de marzo de 2010 En terra hostil 3 horas, 37 minutos Steve Martin, Alec Baldwin
83ª edición dos Óscar 27 de febreiro de 2011 The King's Speech 3 horas, 15 minutos James Franco, Anne Hathaway
84ª edición dos Óscar 26 de febreiro de 2012 The Artist 3 horas, 14 minutos Billy Crystal
85ª edición dos Óscar 24 de febreiro de 2013[11] Argo 3 horas, 35 minutos Seth MacFarlane[12]
86ª edición dos Óscar 2 de marzo de 2014 12 anos de escravitude 3 horas, 35 minutos Ellen DeGeneres
87ª edición dos Óscar 22 de febreiro de 2015 Birdman 3 horas, 40 minutos Neil Patrick Harris
88ª edición dos Óscar 28 de febreiro de 2016 Spotlight 3 horas, 37 minutos Chris Rock
89ª edición dos Óscar 26 de febreiro de 2017 Moonlight 3 horas, 49 minutos Jimmy Kimmel
90ª edición dos Óscar 4 de marzo de 2018 The Shape of Water 3 horas, 53 minutos Jimmy Kimmel
91ª edición dos Óscar 24 de febreiro de 2019 O libro verde 3 horas, 23 minutos (non tivo)[13]
92ª edición dos Óscar 9 de febreiro de 2020 Gisaengchung 3 horas, 35 minutos (non tivo)
93ª edición dos Óscar 25 de abril de 2021 Nomadland 3 horas, 19 minutos (non tivo)
94ª edición dos Óscar 27 de maio de 2022 CODA 3 horas, 42 minutos Regina Hall, Amy Schumer, Wanda Sykes
95ª edición dos Óscar 12 de marzo de 2023 Everything Everywhere All at Once 3 horas, 40 minutos Jimmy Kimmel
96ª edición dos Óscar 10 de marzo de 2024 Oppenheimer 3 horas, 23 minutos Jimmy Kimmel

Principais premiados

editar

Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:

Filme Ano Candidaturas Premios
Ben-Hur 1959 12 11
Titanic 1997 14 11
The Lord of the Rings: The Return of the King 2003 11 11
West Side Story 1961 11 10
Gigi 1958 9 9
O derradeiro emperador 1987 9 9
O paciente inglés 1996 12 9
Foise co vento 1939 13 8
De aquí á eternidade 1953 13 8
A lei do silencio 1954 12 8
My Fair Lady 1964 12 8
Cabaret 1972 10 8
Gandhi 1982 11 8
Amadeus 1984 11 8
Slumdog Millionaire 2009 10 8

Categorías ó mérito

editar

Categorías actuais

editar

No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en cor. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.

Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain).[14]

Categorías desaparecidas

editar

Categorías propostas

editar

O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:

  • Mellor casting: rexeitado en 1999
  • Mellor coordinador de especialistas: rexeitado en 1999; rexeitado en 2005;[15] rexeitado en 2011[16]
  • Mellor deseño de título: rexeitado en 1999.

Categorías especiais

editar

Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.

Categorías especiais anuais

editar

Categorías especiais desaparecidas

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para óscar.
  2. "About the Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  3. Essex, Andrew (14 de maio de 1999). "The Birth of Oscar". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  4. "Primera ceremonia de los Óscar". Canal HISTORIA (en castelán). 2010-05-15. Consultado o 2021-03-19. 
  5. "El protocolo de la ceremonia de los Óscars, o el noche que Hollywood se viste de gala – David Tejo". davidtejo.com. Consultado o 2021-03-19. 
  6. "¿Cómo fue la primera ceremonia de los Premios Oscar? Aquí te contamos". Vogue Mexico (en castelán). Consultado o 2021-03-19. 
  7. "Ediciones Anteriores de los Oscars". Oscars 2021 (en castelán). Consultado o 2021-04-05. 
  8. Scott Bowles (26 de febreiro de 2008). "Low Oscar Ratings Cue Soul-Searching". USA Today. Consultado o March 19, 2008. 
  9. Nikki Finke (26 de febreiro de 2007). "UPDATE: 39.9 Million Watch 79th Oscars". Nikki Finke's Deadline Hollywood Daily (LA Weekly). Consultado o 21 de febreiro de 2011. 
  10. Bill Gorman (March 8, 2010). "Academy Awards Averages 41.3 Million Viewers; Most Since 2005". TVbytheNumbers. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o March 12, 2010. 
  11. "Academy Sets Date for Next Year's Oscars | The Wrap Awards". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012. 
  12. "SETH MACFARLANE TO HOST 85TH OSCARS®, AIRING LIVE ON ABC, SUNDAY, 24 de febreiro de 2013". ABC Media Net. American Broadcasting Company. 1 de outubro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2012. 
  13. Donnelly, Matt (9 de xaneiro de 2019). "After Kevin Hart Debacle, Oscars Forge Ahead Hostless". Variety. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2019. 
  14. "Music Awards | Rules for the 84th Academy Awards | Academy of Motion Picture Arts & Sciences". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2012. 
  15. Michael Hiltzik (4 de agosto de 2005). "One stunt they've been unable to pull off". Los Angeles Times. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  16. Handel, Jonathan (15 de xuño de 2011). "Academy Votes Against Creating Oscar Category for Stunt Coordinators". The Hollywood Reporter. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar