[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

West Side Story (filme de 1961)

filme de 1961 dirixido por Robert Wise e Jerome Robbins

Este artigo trata sobre o filme musical de 1961. Para o musical orixinal de Broadway, véxase West Side Story (musical)

West Side Story é un filme musical estadounidense de 1961 de temática amorosa e dramática, dirixido por Robert Wise e Jerome Robbins. A película é unha adaptación do musical homónimo de 1957, musical inspirado na obra Romeo e Xulieta de William Shakespeare. O filme está protagonizado por Natalie Wood, Richard Beymer, Russ Tamblyn, Rita Moreno e George Chakiris, e foi estreado o 18 de outubro de 1961.

West Side Story
Póster do filme.
Ficha técnica
DirectorRobert Wise e Jerome Robbins
GuiónArthur Laurents
Baseado enWest Side Story, o musical
IntérpretesNatalie Wood e Richard Beymer
MúsicaLeonard Bernstein
EstreaEstados Unidos de América Estados Unidos 1961
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical, drama
Na rede
http://www.mgm.com/view/movie/2130/West-Side-Story/
IMDB: tt0055614 Filmaffinity: 687189 Allocine: 1073 Rottentomatoes: m/west_side_story Mojo: westsidestory Allmovie: v53850 TCM: 23623 Metacritic: movie/west-side-story TV.com: movies/west-side-story
Facebook: WestSideStoryMovie Netlix: 1111583 Editar o valor en Wikidata

Tanto o público como os crítcos alabaron a cinta, que se converteu na segunda película máis salientable do ano nos Estados Unidos. Recibiu once nomeamentos aos Oscar, das que saíu vencedora en dez[1], incluíndo a categoría de mellor imaxe, e se converteu no musical máis premiado da historia.

Foi emitido en galego pola Televisión de Galicia o 29 de marzo de 1991.[2]

Resumo

editar

A acción sitúase nun barrio obreiro de Nova York marcado pola tensión existente entre dúas bandas de adolescentes de distintas etnias: os Jetts, de raza branca, e os Sharks, inmigrantes portoriqueños.

Os Jets deciden desafiar ós Sharks no baile que terá lugar no barrio para decidir quen o controla. Nese baile, Tony, amigo dos Jets, aínda que xa non forma parte da banda, e María, irmá do líder dos Sharks, namoran, pero a rivalidade entre as bandas creará moitas dificultades para o destino dos namorados.

Personaxes principais

editar
  • María, interpretada por Natalie Wood, irmá máis nova de Bernardo, comprometida con Chino e namorada de Tony.
  • Tony, interpretado por Richard Beymer, cofundador dos Jets xunto co seu amigo Riff e namorado de María. Jimmy Bryant puxo a voz aos temas musicais deste personaxe.
  • Riff (Russ Tamblyn), líder dos Jets e mellor amigo de Tony.
  • Anita (Rita Moreno), moza de Bernardo e confidente de María.
  • Bernardo (George Chakiris), líder dos Sharks e irmá máis vella de María.
  • Doc (Ned Glass), dono da tenda onde traballa Tony. Intenta meter un pouco de sentido nas mentes dos Jets pero nunca o escoitan.
  • Madam Lucia (Penny Stanton), dona da tenda de vestidos de noiva onde traballan María e Anita.

Música

editar

Leonard Bernstein, quen compuxo a música da obra teatral, quedou descontento coa orquestración da adaptación cinematográfica debido a que empregaba demasiados músicos, cando na versión orixinal bastaba con trinta. Consideraba que, deste xeito, os temas perdían a súa subtileza.

A orde de aparición dos temas foi cambiado nalgúns casos da película con respecto á obra orixinal. Tamén algunhas letras foron modificadas, principalmente por motivos de censura; entre elas, as letras “Gee, Officer Krupke", "America" e "Tonight Quintet" foron as máis afectadas.

Natalie Wood pregrabou as súas cancións debido ó reto que supuñan para ela algúns dos temas, de forma que logo se buscou a sincronía labial cos seus movementos na pantalla. Porén, finalmente a súa voz foi susbtituída pola de Marni Nixon, quen recibiu dereito sobre apenas o 0.25% dos beneficios xerados polas cancións intrerpretadas coa súa voz.

Lista de cancións

editar

Acto I

  1. "Overture" – Orquestra
  2. "Prologue" – Orquestra
  3. "Jet Song" – Riff e os Jets
  4. "Something's Coming" – Tony
  5. "Mambo" – Orchestra
  6. "Maria" – Tony
  7. "America" – Anita, Bernardo, os Sharks e as mozas
  8. "Tonight" – Tony e María
  9. "Gee, Officer Krupke" – Jets
  10. "Maria (violin)" – Orquestra

Acto II

  1. "I Feel Pretty" – María, Consuela, Rosalía, e Francisca
  2. "One Hand, One Heart" – Tony e María
  3. "Tonight Quintet" – María, Tony, Anita, Riff, Bernardo, os Jets e os Sharks
  4. "The Rumble" – Orquestra
  5. "Somewhere" – Tony e María
  6. "Cool" – Ice e Jets
  7. "A Boy Like That/I Have a Love" – Anita e María
  8. "Somewhere" – María
  9. "Finale" – Orquestra

Premios

editar
  1. Páxina oficial dos premios Oscar de 1961
  2. La Voz de Galicia, 29-3-1991. Páx. 46

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar