[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Piélagos é un concello español de Cantabria, pertencente á comarca de Santander. No ano 2005 tiña 15.748 habitantes

Modelo:Xeografía políticaPiélagos
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°21′28″N 3°57′29″O / 43.357777777778, -3.9580555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalPiélagos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación26.605 (2023) Editar o valor en Wikidata (319,27 hab./km²)
Xeografía
Superficie83,33 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude37 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Piélagos (en) Traducir Editar o valor en WikidataEnrique Torre Bolado (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39470 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39052 Editar o valor en Wikidata

Sitio webpielagos.es Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Miengo, Polanco e Torrelavega, ao sur con Puente Viesgo e Castañeda e ao leste con Villaescusa, El Astillero, Camargo e Santa Cruz de Bezana.

Abrangue as lucalidades de Arce, Barcenilla, Boo, Carandía, Liencres, Mortera, Oruña, Parbayón, Quijano, Renedo de Piélagos (Capital), Vioño de Piélagos e Zurita.

Economía

editar

Está situado no eixo Santander-Torrelavega, foco industrial e residencial da rexión, participando o municipio destas dúas calidades da zona.

Tradicionalmente, o principal sector da zona foi a gandería, con todo debido á súa estratéxica situación, o municipio foi lugar de asentamento de varias empresas, entre elas algunhas leiteiras, intimamente relacionadas coa explotación gandeira.

Debido á beleza da súa costa e ás boas comunicacións, a construción está experimentando un auxe urbanístico non sempre respectuoso coa natureza e moitas veces masivo pero que efectivamente está aumentando continuamente a poboación de Piélagos.

Natureza

editar

Con 8 quilómetros de costa, Piélagos ten sete praias entre as que destaca a de Valdearenas, incluída no Parque natural das Dunas de Liencres, na desembocadura do río Pas.

Símbolos

editar

O escudo está timbrado coa Coroa Real pechada e sobreposto a unha cartela de rolos cor pel, como adorno exterior. En campo de prata dúas pontes: o ponte de Arce e o ponte de Carandia estimando que ambos son puntos históricos e xeográficos representativos do municipio.

A bandeira do municipio de Piélagos é de fondo verde está interrompida por dúas franxas brancas, situadas unha na parte superior e outra na parte inferior. Inserido o escudo heráldico rodeado de doce estrelas, que representan aos doce pobos do municipio.

Patrimonio

editar

Cinco son os bens de interese cultural do municipio:

  • Torre medieval de Veo, en Arce, coa categoría de monumento.
  • Ponte do século XVII, en Arce, monumento.
  • Palacio da Conquista Real e a súa portalada, en Arce, monumento.
  • Cova de Santián ou de Santiyán, coa categoría de zona arqueolóxica.
  • Cova de El Calero II, en Arce, zona arqueolóxica.

Ademais, hai catro Bens de interese local:

  • Palacio dos Condes de Mortera, en Mortera.
  • Santuario da Virxe de Valencia, en Vioño.
  • Palacio da Chaira ou do Outeiro, en Zurita.
  • Estruturas Militares do Monte Picota.

E tres bens inventariados:

Demografía

editar
Evolución demográfica 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
5.698 6.208 6.418 7.282 8.040 8.487 9.710 9.365 9.282 9.219 11.862 15.748

Fonte: Instituto Nacional de Estadística

Administración

editar

Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 3.921 44,02 % 9
PSOE 2.162 24,27 % 4
PRC 1.425 16 % 3
AIPP 627 7,04 % 1
  • Alcalde electo: Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 5.011 48,32 % 9
PSOE 2.360 22,76 % 4
PRC 1.689 16,29 % 3
AVIDP 749 7,22 % 1
  • Alcalde electo: Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP).