Madrid Arena
O Madrid Arena, por motivos de patrocinio Telefónica Madrid Arena, é un pavillón multiúsos situado na cidade de Madrid (España), no recinto feiral da Casa de Campo, a poucos minutos do centro da cidade. Construído a partir do antigo Rockódromo, o pavillón foi deseñado para albergar eventos deportivos, comerciais, culturais e de lecer. O pavillón está patrocinado por Telefónica.
Madrid Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°24′47″N 3°44′18″O / 40.413047, -3.738256 |
Localización | Madrid, España |
Outros nomes | Telefónica Arena |
Construción | |
Inauguración | Febreiro de 2002 |
Estadio | |
Superficie | 30.000 m² |
Capacidade | 10.500 espectadores |
Propietario | Ayuntamiento de Madrid |
Operadora | Madrid Destino |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Construción e usos
editarConstruíuse como parte das instalacións previstas para a candidatura olímpica Madrid 2012, prevéndose que albergase as competicións de baloncesto. A súa primeira fase estivo a punto en 2002, ampliándose o ano seguinte. Ten un aforamento máximo de 10.248 espectadores para partidos de baloncesto e 12.000 para combates de boxeo e 30.000 m² de superficie. A súa cúpula ten 11.000 m²; e atópase sustentada por unha estrutura tridimensional soportada en 181 chantóns. Conta cunha lumieira que pode abrirse, deixando pasar a luz natural. A fachada está constituída por unha dobre curva de vidro, de transparencia variable e gran lixeireza.
Distribúese en tres plantas (acceso, intermedia e baixa). A súa pista central conta con tres bancadas retráctiles, que permiten variar a súa superficie en función do tipo de acontecemento. O pavillón conta cun Pavillón Satélite, cunha superficie de 2.100 m². É propiedade do Ayuntamiento de Madrid e atópase xestionado pola Empresa Municipal Campo das Nacións. Dende 2002 até 2008, foi a sede do torneo de tenis Masters Series Madrid. O Club Baloncesto Estudiantes xogou os seus partidos no Madrid Arena dende a tempada 2005-2006 ata a 2009-2010. Asinou un contrato por cinco tempadas con opción a outro cinco. Foi unha das sedes do Eurobasket 2007 acollendo partidos da fase final do torneo.
Transportes
editarEventos celebrados no Madrid Arena
editarEventos deportivos
editar- Masters Series de Madrid (dende 2002 até 2008)
- Sony Ericsson WTA Tour Championships (novembro de 2006)
- Campionato Europeo de Baloncesto de Seleccións Nacionais (2007)
Eventos musicais
editar- 09/11/2005 : Concerto de Backstreet Boys
- 14 e 15/04/2006: Festival electrónico Klubber´s Day
- 22/06/2006: Concerto de James Blunt
- 28/06/2005: Concerto de Green Day
- 15/09/2006: Concerto de Ana Torroja
- 03/09/2006: Concerto de Alejandro Fernández
- 01/12/2006: Concerto de Violadores del Verso e Tote King
- 06 e 07/04/2007: Festival Electrónico Klubber´s Day
- 10/05/2007: Concerto de La Oreja de Van Gogh, Dover e Coti
- 14/05/2007: Concerto de Marea e La Renga
- 07/06/2007: Concerto de Malú
- 15/09/2007: Concerto de Violadores del Verso
- 01/12/2007: Concerto de Pereza
- 23/12/2007: Concerto de Spice Girls no marco da súa xira "The Return Of the Spice Girls"
- 14 e 15/03/2008: Festival electrónico Klubber´s Day
- 28/04/2009: Concerto de Laura Pausini
- 2010: Festival Cultura Urbana
- 6 a 13/07/2011: ópera San Francisco de Asís, de Messiaen, da temporada do Teatro Real
- 1/11/2012: Thriller Music Festival, coa actuación de Steve Aoki
Accidente de Halloween de 2012
editarO 1 de novembro de 2012 ás 4:00 da madrugada (hora local) produciuse un tapón durante unha festa de música electrónica na que se celebraba un concerto de Halloween, co resultado de catro mozas falecidas (dúas no recinto, a terceira ao chegar ao hospital e a cuarta, menor de idade, aos 3 días) e unha máis ferida en estado crítico.[1] Nun principio, sinalouse o lanzamento dunha bengala dentro do pavillón como posible causa, que causaría o pánico. Finalmente esta hipótese foi descartada xa que a bengala acendeuse 20 minutos logo da avalancha mortal.[2]
A pesar do incidente, a festa continuou ata as 06:30 (hora local), xa que a policía decidiu non intervir para evitar escenas de pánico ou protestas que deviñesen nunha traxedia maior.[3]
Investigación do caso
editarDiversas fontes entre os que se atopan asistentes, mozos que traballan como relacións públicas de Madrid e o propio Dj que actuaba esa noite parecen indicar que o problema foi o posible exceso de aforamento (aseguran que había 20.000 persoas nun recinto de 10.000) e que moitos dos que entraron fixérono sen identificación e sen ter a idade mínima legal (de 18 anos) para entrar. Este é un dos aspectos principais que investiga a policía.[4] Ademais alegan que non había ningún tipo de rexistro á hora de entrar, polo que a xente puido entrar con bengalas, botellas de alcol e ata navallas. É moi posible, segundo a investigación policial, que unha masa de xente sen entrada se coase no recinto descontroladamente, pouco antes do comezo da actuación principal, motivando o exceso de persoas no corredor de acceso.
Algúns medios de comunicación apresuráronse en afirmar que a empresa promotora do concerto (Diviertt S.L.) non podía alugar o recinto porque tiña débedas coa Seguridade Social[5], aínda que o alugueiro é un negocio expresamente excluído dos requisitos da Lei de Contratos do Sector Público, polo que este é outro dos asuntos que deberán arranxar os tribunais.
Por outra banda, algúns medios afirmaron que o Madrid Arena nunca tivo licenza de apertura ao non reunir os requisitos de seguridade.[6] A este respecto tanto o Concello como o Colexio de Arquitectos indicaron que a Lei do Chan da Comunidade de Madrid, no seu artigo 151, permite aos Concellos non ter que pedirse licenza a si mesmos, sen que iso supoña que os edificios non cumpren a normativa.[7] [8]
Por outra banda, o empresario de eventos e dono de Diviertt Miguel Ángel Flores tamén abriu en varias ocasións a discoteca Adraba (anteriormente coñecida como «Alcalá 20») sen licenza[9]. Finalmente, obtivo licenza para a sala no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que obrigaron ao Concello, que lle esixía importantes melloras de seguridade, a concederlle licenza e permitir a apertura.[10]
Notas
editar- ↑ Tres mozas mortas e dúas críticas nunha festa de Halloween en Madrid, La Vanguardia.
- ↑ "A Policía conclúe que a bengala acendeuse 20 minutos logo da avalancha mortal". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ Imaxes dos momentos posteriores ao accidente no Madrid Arena Arquivado 04 de novembro de 2012 en Wayback Machine., El Correo.
- ↑ Asistentes á festa no Madrid Area aseguran que había menores e non lles pediron o DNI, La Vanguardia.
- ↑ A empresa non podía alugar o Madrid Arena porque debía diñeiro á Seguridade Social
- ↑ ""O Madrid Arena nunca tivo licenza de apertura nin plan de urxencias"". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ Lei do Chan
- ↑ "Declaracións do Presidente do Colexio de Arquitectos de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ A discoteca Alcalá 20 abre unhas horas sen licenza do Concello de Madrid
- ↑ O xuíz abre as portas de Alcalá 20
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madrid Arena |