[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Telefónica

operador de servizos de telecomunicacións

Telefónica S.A. é un operador de servizos de telecomunicacións: Telefonía fixa, Telefonía móbil, e de ADSL, é unha multinacional con sede central en Madrid, España, e ao mes de xullo de 2010 é a quinta compañía de telecomunicacións en tamaño e importancia no mundo.[1]

Telefónica, S.A.

Sede de Telefónica en Madrid.
TipoSociedade anónima
Fundación1924
LocalizaciónMadrid
Persoas claveCésar Alierta, Presidente
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosTelefonía fixa, Telefonía móbil, provedor de servizos de Internet, televisión, fibra óptica
Beneficio52.008 millóns de € (2017)
Número de empregados122 718 (2017)
Na rede
https://www.telefonica.com/
Facebook: telefonica Twitter: telefonica Instagram: telefonica Youtube: UC7LZo_P6m0W7SDDA8h3CLvg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Telefónica é un dos operadores integrados de telecomunicacións líder a nivel mundial na provisión de solucións de comunicación, información e entretemento, con presenza en Europa, África, Latinoamérica e, desde 2010, en Asia.

En España, para o público comerciante polo miúdo distribúe os seus produtos a través de varias filiais e varios nome comerciais: Os de telefonía fixa antes baixo a marca comercial Telefónica, os de telefonía móbil a través da filial Telefónica Móviles baixo a marca comercial Movistar. Desde o 1 de maio de 2010, a empresa cambia en España o nome da súa marca comercial Telefónica polo de Movistar, que ata entón fora soamente a marca comercial de Telefónica Móviles, comezando a distribuír todos os seus produtos baixo esta marca comercial e engadindo segundo o servizo os sufixos correspondentes "Movistar Fixo", "Movistar Móvil", "Movistar Imagenio" etc. Con todo, os nomes legais da empresas e as súas filiais seguen sendo os mesmos.

Historia

editar
 
Edificio Telefónica.

As orixes da empresa están na súa fundación en Madrid co nome de CTNE (compañía telefónica nacional de España), participada pola empresa norteamericana de telecomunicacións ITT. A súa sede fixouse nun novo edificio da Gran Vía madrileña, no número 28. Foi o primeiro rañaceos de España e de toda Europa[2]. O edificio foi empregado como sede das telecomunicacións da República durante o asedio de Madrid e a Guerra Civil. Durante o franquismo Telefónica de España (TESA) foi gañando en tamaño e importancia como monopolio de telecomunicacións chegando a ser unha empresa estatal burocratizada e con estrutura e administración centralizada. Non sería ata os anos 1980 e principios dos anos 1990 cando se fixo necesaria a creación de competencia. A empresa era incapaz de acometer reformas nas infraestruturas de telecomunicacións lastrada por sindicatos e administracións estatais que impedían calquera mellora nos servizos. Había listas de espera para ter teléfono. A empresa abriuse a traballar con empresas subcontratistas e foi quen de poñer data a cando tería teléfono un novo cliente. A chegada de Internet e a necesidade de conexións a un prezo axeitado foron outro dos retos da compañía. A tarifa plana non era unha oferta comercial para Telefónica, centrada no pagamento por uso das liñas por minuto e os servizos de voz a empresas. A chegada da telefonía móbil supuxo a creación doutro mercado. Telefónica creou primeiro MoviLine, unha empresa de telefonía móbil analóxica coa que monopolizou o mercado ata que as limitacións da tecnoloxía impediron medrar máis. A chegada da tecnoloxía dixital GSM permitiu ampliar o negocio mantendo unha posición de monopolio coa marca Movistar no mercado ata a concesión dunha licenza á Airtel empresa posteriormente mercada por Vodafone. A chegada de novos operadores de telecomunicacións por cable supuxo outro reto para Telefónica. A telefonía fixa ata entón estaba monopolizada pola súa extensa rede e á que os demais operadores debían pagar polo alugamento.

A imposibilidade de manter o negocio en España no réxime de monopolio fixo que a empresa entrase noutros mercados estranxeiros mercando licenzas e operadores.

A finais dos anos 1980, sobre a fibra óptica escura de Telefónica desenvólvese a estrutura de RedIRIS, os comezos de Internet en España.[3]

  1. "América Móbil supera a Telefónica en Bolsa e alcanza o cuarto posto mundial" Cinco Días Consultado o 11 de xullo de 2010.
  2. "Fundación Telefónica". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 05 de marzo de 2013. 
  3. "RedIRIS, historia de la privatización de la alternativa española a Silicon Valley". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2020-12-20. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar