Llanes
Llanes é un concello da comunidade Autónoma do Principado de Asturias, situado no norte de España. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Onís, Cabrales, El Valle Altu de Peñamellera e El Valle Baju de Peñamellera, ao leste con Ribadeva e ao oeste con Cangas de Onís e Ribeseya. Esténdese preto de 30 km ao longo da costa no extremo oriental da rexión. Polo sur atopamos coa Serra do Cuera, que se eleva por enriba dos 1.100 m. A rexión é parte da Costa Verde de España, que se coñece pola súa paisaxe costeira con praias e montañas espectaculares. Llanes atópase ao norte dos Picos de Europa, unha cordilleira montañosa cuxa xeoloxía está case enteiramente constituída de karst de pedra calcaria.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Llanes | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.524 (2023) (51,31 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 5.687 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 263,59 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 1.177 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Llanes (en) | María Dolores Álvarez Campillo | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33500 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33036 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ayuntamientodellanes.com |
A maioría dos habitantes do concello viven na zona costeira, na cal a vila máis grande é a propia Llanes, cunha poboación de preto de 4.000 habitantes dos preto de 13.000 que ten devandito concello; aínda que durante o verán a poboación total do concello multiplícase. As tradicións, a gastronomía e as festas da rexión son famosos polo seu colorido e historia. Llanes é un municipio de grande atractivo turístico, a consecuencia do cal xerouse nos últimos anos un notable crecemento urbanístico, con preocupantes efectos ambientais e paisaxísticos.
Parroquias
editarO concello de Llanes divídese en 28 parroquias:[1]
A cidade de Llanes
editarLlanes é un porto de pesca tradicional moi activo e con moitos monumentos e tradicións notables; unha placa conmemora aos 65 mariñeiros que embarcaron en catro galeras para formar parte da Armada Invencible contra Inglaterra no mes de xullo de 1588. En 1206, Afonso IX concede á vila un foro que foi despois refrendado polos sucesivos reis ata Filipe V.
Hoxe, Llanes segue sendo un porto de pesca activo, coa súa economía alzada polo turismo (sobre todo polos visitantes do resto de España) durante o verán. A vila ten unha boa selección de tendas e restaurantes tradicionais, tanto na mesma vila como nas súas contornas. Tres praias e un paseo espectacular sobre o acantilado, o Paseo de San Pedro, engaden encanto á atmosfera costeira.
Ademais, é de salientar a obra Os Cubos da Memoria do pintor Agustín Ibarrola. Trátase dunha orixinal idea, na liña de Ibarrola, que consistiu en pintar con diversos motivos os bloques de formigón que protexen o porto da vila.
O vello teatro foi derribado hai algúns anos; atopábase construído sobre o río como un vello muíño.
Á parte dos monumentos que se poidan ver, unha visita polas ruelas da cidade é sempre agradable.
Preto de Llanes está o pobo de Porrúa, famoso polo Museo Etnográfico do Oriente de Asturias.
As montañas
editarDe todo o concello de Llanes a zona sur está dominada por un muro de montañas calcarias. Moitos turistas, así a todo, non se dan conta de que a crista que forma dita parede montañosa agacha a vista da máis alta Serra do Cuera; entre os dous hai vales escondidos, que drenan en sistemas de covas. O maior destes vales é A Yosa de Viango. A diferenza das alturas dos Picos de Europa ao sur, estes vales son verdes e pastorís.
As covas
editarO concello ten numerosas covas, incluíndo un sitio de interese arqueolóxico en Nova, e a Cova Bolado preto da Pereda que tamén contén arte antiga e pasos abertos.
Hai tamén varios sistemas importantes de covas, incluíndo
- O sistema Boluga-Caldueñín, baixo O Mazuco
- O sistema Rales
- O Cuevón de Pruneda, ao sur de Purón.
Estes sistemas foron sistematicamente explorados por vez primeira por espeleólogos do Club de Espeleoloxía da Universidade de Oxford (OUCC) e de Speleogroup.
Festas
editarNa capital do concello, tres bandos ocúpanse de organizar independentemente os tres grandes festexos da vila ao longo do verán.
En xullo celébrase A Madalena, en agosto San Roque e en setembro A Guía. Aínda que a patroa da Vila é A nosa Señora do Conceyu, celebrada o 15 de agosto. Os tres bandos teñen unha coñecida rivalidade histórica entre si, cada un cos seus seareiros entre a poboación llanisca, e todos intentan cada ano ter as mellores festas; aínda que as de San Roque son sen dúbida as máis populares.
Doutra banda, nas distintas parroquias e localidades do concello celébranse como é normal diversos festexos en honor dos seus patróns, pero destaca especialmente A Fogueira, consistente na corta dun eucalipto do monte e plantación do mesmo na vila tras quitarlle a cortiza. Celébrase en varios pobos, como Celoriu, Balmori, Porrúa ou Vidiago. Tamén gozan de gran fama a Noite das Bruxas (Lles Bruxes) do pobo de Barro, festa moi tradicional e popular na que está moi presente a mitoloxía asturiana; e a festa da patroa Santa Ana de Naves, grazas aos concertos gratuítos de intérpretes populares
Notas
editar- ↑ "Determinación dos topónimos oficiais do concello de Llanes" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llanes |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Concello de Llanes
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 07 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- Porrua.net
- llanesnet.com Portal Turístico de Llanes
- Llanesmania.com
- llanes.as
- Vibaño web Arquivado 23 de maio de 2006 en Wayback Machine.
- O Mazuco (A defensa imposible)
- praias de Llanes Arquivado 15 de xuño de 2006 en Wayback Machine.
- Museo Etnográfico do Oriente de Asturias
- Llanes: Crónica dunha paisaxe Amenazada