Hendaia
Hendaia[1] (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
Distritos | arrondissement of Bayonne (en) | ||||
Cantón | canton of Hendaye (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.796 (2021) (2.238,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921197 Q3550935 | ||||
Superficie | 7,95 km² | ||||
Altitude | 25 m-0 m-108 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 64700 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | hendaye.fr |
A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.
Historia
editarSituada no medio do Bidasoa, preto de Hendaia, a illa dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463, Lois XI tivo un encontro con Henrique IV, rei de Castela; en 1526, Francisco I, prisioneiro dos españois desde a batalla de Pavia, foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francés Lois XIII, prometida do fillo do monarca español Filipe III, e Ana de Austria, irmá daquel, prometida á súa vez do rei Lois XIII. En 1659, asinouse na illa a Paz dos Pireneos e o acordo nupcial entre Lois XIV e María Tareixa, filla do rei español Filipe IV. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto a Francia como a España, e desde 1901 ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.
En 1923, o novelista francés Pierre Loti morreu en Hendaia, onde pasou gran parte da súa vida.
O 23 de outubro de 1940 produciuse unha entrevista histórica entre o ditador español Francisco Franco e o seu homólogo alemán Adolf Hitler. O obxecto do encontro, que se produciu no interior dun tren blindado estacionado na terminal de ferrocarril da localidade, era negociar a participación de España na segunda guerra mundial xunto ás potencias do Eixe Roma-Berlín-Toquio. O réxime franquista solicitara previamente a obtención de Xibraltar e todo o territorio de Marrocos, a cambio da súa belixerancia. Con todo, Franco argüiu durante a reunión as dificultades económicas que impedían a intervención española no conflito, razón pola cal ambas as partes non chegaron a acordos de importancia.
Xeografía
editarA cidade está na fronteira co País Vasco e é contigua á cidade vasca de Irún (Guipúscoa). Hendaia está bañada polo Mar Cantábrico ao norte e a Baía de Txingudi (desembocadura do río Bidasoa) ao oeste, que a separa de España (Irún e Hondarribia).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hendaiés.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hendaia |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web da cidade de Hendaia (en francés)
- Páxina web oficial de turismo de Hendaia (en español, francés, inglés e éuscaro)
- Páxina web non-oficial de turismo de Hendaia (en francés)