Foz
Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) focego[1][2] ou focense.[3]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Foz | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.163 (2023) (101,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 100,29 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Javier Jorge Castiñeira | ||||
Eleccións municipais en Foz | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27780 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27019 | ||||
Sitio web | concellodefoz.es |
Xeografía
editarLimita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.
Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.
Historia
editarExisten restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos egobarros.[4]
Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.
Cultura
editarToponimia
editarFoz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.
Patrimonio
editarPatrimonio arqueolóxico
editar- O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.
Patrimonio arquitectónico
editar- A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación.
- O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla.
- O Pazo de Covas, pazo do século XVI no lugar de Trasmonte da parroquia de Nois.
- O Pazo do Lagar, pazo do século XVII no lugar da Ribela, na parroquia de Cangas.
- O Pazo de Vilachá, pazo do século XVII da familia Almuíña, no lugar de Vilachá, na parroquia de Cangas.
- O castelo da Frouxeira, castelo do século IX, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro.
Festas de interese
editarAmais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.
Poboación
editarCenso total 2014 | 9899 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1219 (12,31 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6361 (64,26 %) |
Maiores de 65 anos | 2319 (23,43 %) |
Evolución da poboación de Foz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6514 | 7824 | 8216 | 8795 | 9619 | 9970 | 9968 | 9978 | 9966 | 9.899 | 9891 | 9908 | 9931 | 10002 | 9980 | 10016 | 10078 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía
editarFoz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.
A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.
Sector | # |
---|---|
Agricultura | 35 |
Industria | 62 |
Construción | 115 |
Servizos | 474 |
Sen emprego anterior | 47 |
Total | 733 (349 homes e 384 mulleres) |
Foz na cultura popular
editar- Pra facer ben a costeira,
- mariñeiriños rinlegos,
- pra botar contas, no porto,
- mariñeiriños focegos.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
-
Rúa peonil e praza no centro de Foz.
-
Rúa comercial no centro da vila.
-
Castro de Fazouro.
-
Ábsida románica exterior San Martiño.
-
Interior de San Martiño.
Lugares de Foz
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.
Parroquias
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para focego.
- ↑ Costas González, X.-H. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para focense.
- ↑ Lanza, Francisco (1973). Ribadeo antiguo: noticias y documentos. Ediciós do Castro. p. 23.
- ↑ "Estadisticas municipios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foz |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Toponimia de Foz (en galego)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |