Ducado de Milán
O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.
Ducatus Mediolanensis (la) | |||||
Epónimo | Milán | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Milán | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua lombarda lingua italiana | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | João Galeácio Visconti (pt) | ||||
Creación | 11 de maio de 1395 | ||||
Disolución | 17 de outubro de 1797 | ||||
Sucedido por | province of Milan (en) e Golden Ambrosian Republic (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
• Duque | Francesco Sforza (pt) (1450–1466) Galeazzo Maria Sforza (1466–1476) Gian Galeazzo Sforza (1476–1479) Ludovico Sforza (1479–1500) João Galeácio Visconti (pt) (1395–1402) Giovanni Maria Visconti (1402–1412) Filippo Maria Visconti (1412–1447) | ||||
Órgano lexislativo | Milan Senate (en) , | ||||
Moeda | Milanese scudo (en) | ||||
O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.
Dominio francés
editarEn 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Lois XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.
Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavia (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).
Dominio español
editarCando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.
O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.
Dominio imperial
editarO 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.
Dominio napoleónico
editarAsí permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.
Unificación italiana
editarA restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.
Gobernantes do Ducado de Milán
editarA seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo. Milán: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0
- VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85