[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Cascarilleiro[1] é un xentilicio non oficial co que se designa os habitantes da cidade galega da Coruña.

Cascarilla de cacao.

Segundo o xornalista coruñés Vicente Leirachá[2], o apelativo ten unha explicación histórica moi concreta.

Na cidade da Coruña, a comezos do pasado século comezou a tirarse proveito da lámina fina que recobre o cacao, denominada cascarilla. Facíase uso dela para o almorzo, pois era máis barata có café e o chocolate (..) Había a varrer, pois o coruñés era un porto que se recibía moito cacao, dada a existencia dun gran número de fábricas de chocolate (...) Até tres conviviron nun espazo tan pequeno como é a Estreita de Santo André.

O lexicógrafo Eladio Rodríguez González recolleu o xentilicio no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano[3] do seguinte xeito:

O consumo grande de cascarilla que tempos atrás se facía na Coruña deu aos coruñeses o sobrenome de cascarilleiros, co que xeralmente se lles designa en case todas as cidades e vilas galegas.
  1. Dicionario enciclopédico Galego-Castelán
  2. Cascarilleiro, el apodo con aroma a cacao Arquivado 18/03/2014, en Wayback Machine. La Voz de Galicia. (en castelán)
  3. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "cascarilleiro". Dicionario de dicionarios. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar