Fábrica
Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación.
Hai de distintos tipos e tamaños. Actualmente as fábricas van substituíndo a man de obra por tecnoloxía para reducir custos e aumentar a produtividade.
Utilización do termo fábrica
editarO vocábulo fábrica tal e como o seu uso é relativamente moderno, xa que a fabricación e os procesos industriais apareceron coa Revolución industrial, na segunda metade do século XVIII.
O vocábulo fábrica ten un uso anterior no campo da arquitectura e construción. Chámase «fábrica» á edificación construída a base de módulos dispostos ou organizados co fin de soportar a estrutura. Dentro desta definición encóntranse todas as formas de cachotaría, típico sistema construtivo dende a expansión romana en Europa. Durante o Renacemento coñecíase como fábrica ao edificio mesmo, independentemente da súa modalidade de construción. En conclusión, fábrica corresponde á composición dos muros e paredes de ladrillos ou pedras que compoñen a estrutura da edificación.
Fabricación
editarA fabricación transforma as materias primas en produtos. Dende unha camisa ata un avión, case todo o que usamos está fabricado. Pode facerse a man (de forma artesanal) ou a base de maquinaria (de forma automática, máis ou menos informatizada).
Produción en serie
editarUn produto fabrícase en serie cando se fai un gran número de copias idénticas deste. Hai séculos, cada exemplar dun libro copiábase a man. A imprenta facilitou facer moitas copias rapidamente, e os libros fixéronse máis baratos e accesibles.
Produción en cadea
editar- Artigo principal: Produción en cadea.
Unha cadea de produción é un sistema para fabricar en serie un produto de xeito máis eficiente. Henry Ford aplicou esta idea á fabricación de automóbiles, que resultaba así máis rápida e barata.
Chámase cadea de produción porque cada paso na fabricación dun produto se fai nun lugar diferente. En cada lugar, os traballadores (ou as máquinas) realizan a mesma actividade repetidamente con produtos semi-elaborados, que van avanzando dun elo a outro da cadea. Deste modo complétanse moitas máis unidades ao día que se un traballador se dedicase a realizar unha peza completamente dende o principio ata o final.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fábrica |