[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Carlos Iglesias Serrano

actor, director de cine e guionista español

Carlos Iglesias Serrano, nado en Madrid o 15 de xullo de 1955, é un actor, director de cine e guionista español. É especialmente coñecido polo seu papel de Benito Lopera Perrote na serie Manos a la obra,[1][2] emitida en Antena 3 entre 1998 e 2001, e na súa secuela Manolo y Benito Corporeision (2006-2007), e por ser director e protagonista da película Un franco, 14 pesetas.

Modelo:BiografíaCarlos Iglesias Serrano

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Escuela Superior de Arte Dramático - Licenciatura Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, director de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0407069 Allocine: 81029 Allmovie: p334545 BNE: XX1604909 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Os seus pais emigraron de Quintanar de la Orden (Provincia de Toledo) até Suíza. Alí viviu Carlos até os 13 anos, cando se trasladou a Madrid e Alacant.

Converteuse en actor tras substituír a un compañeiro enfermo nun grupo de teatro independente, e foi admitido na Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD).

Deuse a coñecer en Telecinco no programa Esta noche cruzamos el Mississippi, onde interpretaba a Pepelu. Posteriormente interpretou o papel de Benito Lopera Perrote, «o introductor do gotelé» en España, na serie de comedia Manos a la obra, de Antena 3. A serie chegou a cultivar datos de audiencia superiores aos seis millóns de espectadores. Este foi o papel que consolidou a Iglesias como actor de xeito definitivo.

É, amais, director da película Un franco, 14 pesetas (2006), relato autobiográfico sobre un grupo de españois que emigran a Suíza, que lle valeu un nomeamento ao Premio Goya como mellor director novel. En 2011 dirixiu Ispansi (¡Españoles!), sobre o envío de miles de nenos á Unión Soviética ao comezo da Guerra Civil Española.[3][4]

En 2014 estreou 2 francos, 40 pesetas, coa que pecha a súa triloxía sobre a emigración española.[5]

Filmografía

editar

Televisión

editar

Teatro

editar

Cinema

editar

Premios

editar
  1. Peña, Maxi de la (28 de febreiro de 2009). "«Los éxitos en la televisión me han dado la posibilidad de hacer el cine que quiero»". El Diario Montañés. 
  2. "Qué fue de Carlos Iglesias, el «Pepelu» en el Mississippi y Benito en Manos a la obra". Qué!. 28 de marzo de 2021. 
  3. Un Franco, 14 Pesetas na IMDb (en inglés).
  4. "Ispansi! (¡Españoles!)". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  5. Fajinas, Sandra (23/6/2013). "Carlos Iglesias: «Volvería a emigrar a Suiza con los ojos cerrados»". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27/06/2013. Consultado o 22/05/2022. 
  6. Siempre felices