[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Lauro Olmo Gallego

escritor galego

Lauro Olmo Gallego, nado no Barco de Valdeorras o 9 de novembro de 1921 e finado en Madrid o 19 de xuño de 1994[1], foi un escritor galego en lingua castelá, especialmente coñecido como dramaturgo.

Modelo:BiografíaLauro Olmo Gallego

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1994 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePilar Enciso (1954–) Editar o valor en Wikidata
FillosLauro Olmo Enciso Editar o valor en Wikidata
PaiLauro Olmo Arias Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0647450 BNE: XX1721099 Bitraga: 72 BUSC: olmo-lauro-1922-1994 Dialnet: 2176124 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Lauro Olmo Arias, dunha familia asentada na parroquia de Xagoaza, Lauro Olmo naceu no Barco de Valdeorras. Unha inesperada ruína levou a súa familia para Madrid en 1930. Logo da guerra civil, Lauro Olmo exercería variados oficios para sobrevivir, ao tempo que se formaba de forma autodidacta.

Comezou publicando poemas e relatos. En 1954 casou con Pilar Enciso, muller moi afeccionada a actividades teatrais. Segue a practicar o relato, que nunca abandonaría, pero en 1955 represéntase a súa primeira obra de teatro (El milagro). Pasarían cinco anos antes de que subise ao escenario unha segunda (El Perchero). Pero sería La camisa, estreada o 8 de marzo de 1962 no Teatro Goya de Madrid, a que o faría coñecido como dramaturgo. A obra obtería o Premio Nacional de Teatro, ademais doutros galardóns, e foi traducida a diversos idiomas. Ao ano seguinte La pechuga de la sardina, referenda o éxito obtido, ao que seguirían algúns máis no mesmo campo dramatúrxico. En xeral a súa obra é realista, tendencia que domina por eses anos.

Xunto coa súa muller, Pilar Enciso, escriben unha serie de obras de teatro dedicadas ao público infantil, que terían grande éxito, entre as cales quizais destaque Asamblea general (1961).

Algunhas das obras foron traducidas ao galego: A camisa, por Ramón de Valenzuela; A noticia, por X.L.R. Pardo; Asemblea xeral por Daniel Cortezón.

Lauro Olmo non perdeu o contacto coa súa localidade natal, mesmo escribía nos folletos conmemorativos das festas patronais (14 de setembro, Santo Cristo), unhas serias e, ás veces, festivas. Das primeiras cabería destacar "No lo condecoréis", poemiña no que se manifestaba contra o empeño das autoridades locais tardofranquistas en condecorar a imaxe de Xesús Nazareno. Do segundo tipo, outro poemiña dedicado ao polbeiro local, o señor Teodoro, cuxos "rabiños" de polbo "daban virilidad".

É pai do arqueólogo Lauro Olmo Enciso e do médico Luis Olmo Enciso.

Poesía

editar

Teatro

editar

Dase, con preferencia, o ano da primeira representación da obra

Narrativa

editar
  • Cuno (1954), relatos breves.
  • Doce cuentos y uno más (1955), Premio Leopoldo Alas, 1955.
  • Ayer: 27 de Octubre (1958), finalista do Premio Nadal, 1957.
  • La peseta del hermano mayor (1958), relatos breves.
  • Kantichandra el hindú (1962), narración breve.
  • El gran sapo (1964), novela, Premio Elisenda de Moncada, 1962.
  • Golfos de bien (1968), relatos breves.
  • Isidro Parra (1979).

Teatro infantil

editar

Escrito en colaboración con súa esposa Pilar Enciso:

  • El león engañado (1954).
  • El león enamorado (1959).
  • La maquinita que no quería pitar (1960).
  • El raterillo (1960).
  • Asamblea general (1961).
  1. Berenguer, Ángel (1984). "Cronobiografía". La camisa. El cuarto poder (PDF). p. 12-21. 
  2. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar