Burger King
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Burger King, tamén coñecida como BK, é unha cadea de restaurantes de comida rápida dos Estados Unidos de América, especializada en hamburguesas. O primeiro restaurante foi aberto por James McLamore e David Egerton en Miami no ano 1954.
En 2023 tiña trinta e catro restaurantes en Galiza: 6 en Vigo, 6 na Coruña, 3 en Santiago, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 2 en Pontevedra, 2 en Ferrol, 2 en Oleiros, 1 en Vilagarcía, 1 en Arteixo, 1 en Culleredo, 1 en Mos, 1 en Sanxenxo, 1 en Tui, 1 en Nigrán, 1 en Ribadeo e 1 en Vilanova.
Hamburguesas
editarBurger King ofrece ensaladas, refrescos, patacas frixidas, sándwichs de polo ou peixe, café, xeados etc, mais a súa especialidade son as hamburguesas. As mais coñecidas son:
- A Whopper: Leva pan con sementes de sésamo, unha hamburguesa de 113 gramos, tomate, cebola, leituga, cogombro, ketchup e mollo de mostaza.
- A Big King: Leva pan con sementes de sésamo, dúas hamburguesas, leituga, queixo, cebola, cogombro e un mollo especial da casa.
- A Cheeseburger: Leva pan con sementes de sésamo, hamburguesa, queixo, cebola e mollo barbacoa.