[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Antonin Artaud

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Antonin Artaud (1926)

Antoine Marie Joseph Artaud, comunmente chamado Antonin Artaud (Marsella, Francia, 4 de setembro de 1896 - † París, 4 de marzo de 1948), foi un poeta, dramaturgo, ensaísta, novelista, director escénico e actor francés.

Citas

[editar]
  • "A vida consiste en arder en preguntas."
    • Fonte: L'Ombilic des limbes, 1925.
  • "Todo debe colocarse
    nunha orde case fulminante."
    • Fuente: Pour en finir avec le jugement de Dieu, 1948.
  • "Alí onde ole a merda, ole a ser."
    • Fonte: Pour en finir avec le jugement de Dieu, 1948.
  • "É grave advertir
    que despois da orde
    deste mundo
    hai outra orde."
    • Fonte: Pour en finir avec le jugement de Dieu, 1948.
  • "O mundo é o abismo da alma."
    • Fonte: "Carta ao Papa".
  • "O máis pequeno acto de creación espontánea constitúe un mundo máis complexo e moito máis revelador que calquera sistema metafísico."
    • Fonte: "Carta aos reitores das universidades europeas".
  • "Non quedou demostrado, nin moito menos, que a linguaxe das palabras sexa a mellor posible."
  • "E o que é un auténtico louco? É un home que preferiu ficar louco, no sentido socialmente aceptado, en vez de ter unha determinada idea superior de honra humana. [...] Pois o louco é o home que a sociedade non quere oír e que é impedido de enunciar certas verdades intolerables."
    • Fonte: Van Gogh le suicidé de la société, 1947.