[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Yannis Spyropoulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYannis Spyropoulos
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
Pilos, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGrecia (1940–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes (1938–1940)
Athens School of Fine Arts (en) Traducir (1930–1936) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, kinetic artist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata - 1992 Editar o valor en Wikidata
Participou en
1970Exposición Universal de Osaca de 1970
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
196030th Venice Biennale (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Yannis Spyropoulos é un pintor grego nado en 1912 en Pylos e morto en 1990. É considerado coma un dos máis importantes pintores abstractos gregos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De 1933 a 1938, foi alumno da Escola de Belas Artes de Atenas. Grazas a unha bolsa, enseguida foi estudar a París ata 1940, despois pasa a segunda guerra mundial en Atenas.

A súa primeira exposición internacional ten lugar no Cairo en 1946, e a súa primeira exposición en solitario foi na Galería Parnassos de Atenas en 1950. A continuación expón en Roma (1953), Belgrado (1954) ou Estocolmo (1955) e formou parte da grande exposición Oito Pintores Gregos do Instituto Smithsonian de Washington, D.C. en 1959. A partir de 1957, asinou contrato coa "World House Gallery" de Nova York, onde fixo numerosas exposicións en solitario en 1959 e 1961.

Obtén o premio da Unesco na Bienal de Venecia de 1960.

A pesar de que empezou a súa carreira con cadros naturalistas, introdúcese a partir de 1950 na abstracción. As súas pinturas en tonalidades sombrías son chas, sen profundidade espacial, con algunha forma xeométrica. Nos anos 1960, interésalle menos a composición abstracta, e máis a análise da imaxe en si obtida. As súas derradeiras obras mostran ben a súa insistencia sobre o proceso pictórico e o seu traballo sobre superficies e texturas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]