[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Xurenzás, Boborás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurenzás
Martirio de San Sebastián, na igrexa de San Pedro de Xurenzás
ConcelloBoborás[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°27′52″N 8°08′33″O / 42.4645, -8.1424
Poboación102 hab. (2017)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Na igrexa de San Pedro consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse recentemente pinturas góticas representando a San Sebastián e á Virxe.

[editar | editar a fonte]

Unha lenda busca explicar a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás [2].

Vítor Vaqueiro dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento [3].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Xurenzás

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Xurenzás no concello ourensán de Boborás

Ensalde | O Igrexario | A Ponte Nova | O Prado | Valboa | Ventosa | Xurenzás

Parroquias de Boborás

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]