[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xeorxia do Sur»)
Modelo:Xeografía políticaIllas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
South Georgia and the South Sandwich Islands (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King Editar o valor en Wikidata
[[File:valor descoñecido Editar o valor en Wikidata]]

Lema«Leo Terram Propriam Protegat» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°15′S 36°45′O / -54.25, -36.75
Territorio reivindicado porReino Unido
Arxentina Editar o valor en Wikidata
EstadoReino Unido
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particularterritorio Británico de Ultramar Editar o valor en Wikidata
CapitalKing Edward Point (2010–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación35 (2019) Editar o valor en Wikidata (0,01 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4.066 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Paget (pt) Traducir (2.934 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Xefe do gobernoNigel Haywood (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativosen valor , Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gs Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+500 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGS Editar o valor en Wikidata

As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur[Cómpre referencia] (South Georgia and the South Sandwich Islands ou SGSSI, en inglés) é un Territorio Británico de Ultramar no sur do océano Atlántico. É unha colección remota e inhóspita de illas, formada por Xeorxia do Sur e unha cadea de illas máis pequenas coñecidas como illas Sandwich do Sur. Xeorxia do Sur ten 165 km. de longo e 35 km. de ancho e é, con diferenza, a illa máis grande do territorio. As illas Sandwich do Sur atópanse a uns 700 km. ao sueste de Xeorxia do Sur. A superficie total do territorio é de 3903 km².[1] As Illas Malvinas están a uns 1300 km. ao oeste do seu punto máis próximo.

As illas Sandwich do Sur están deshabitadas, e unha poboación non permanente moi pequena reside en Xeorxia do Sur.[2] Os únicos habitantes son os científicos do British Antarctic Survey que manteñen unha base en King Edward Point, a capital e outra base na illa Bird na que residen 4 biólogos. O conservador do museo de Grytviken e a súa esposa son os únicos habitantes permanentes da rexión, xunto co maxistrado británico e a súa familia. Non hai voos de pasaxeiros programados nin ferries cara ou desde o territorio, aínda que as visitas de cruceiros a Xeorxia do Sur son cada vez máis populares, con varios miles de visitantes cada verán.

O Reino Unido reclamou a soberanía sobre Xeorxia do Sur en 1775 e as Illas Sandwich do Sur en 1908. O territorio de "South Georgia and the South Sandwich Islands" formouse en 1985,[3] previamente foi gobernado como xurisdición dependente das illas Malvinas. A Arxentina reclamou Xeorxia do Sur en 1927 e reclamou as Illas Sandwich do Sur en 1938.

A Arxentina mantivo unha estación naval, Corbeta Uruguay, na illa Thule nas illas Sandwich do Sur desde 1976 ata 1982 cando foi pechada pola Mariña Real. A reivindicación arxentina sobre Xeorxia do Sur contribuíu á Guerra das Malvinas de 1982, durante a cal as forzas arxentinas ocuparon brevemente a illa. Arxentina segue reclamando a soberanía sobre Xeorxia do Sur e as Illas Sandwich do Sur como parte da Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

A merluza negra é ​​vital para a economía das illas, como resultado, o Día da merluza negra celébrase o 4 de setembro como día festivo no territorio.[4]

Xeorxias do Sur

[editar | editar a fonte]
James Cook

A illa Xeorxia do Sur (ou San Pedro) foi avistada por primeira vez en 1675 por Anthony de la Roché, a quen versións diferentes atribúen nacionalidade británica ou española (actuando ás ordes da coroa británica baixo o nome de Antoine de la Roché, Antonio de la Roché ou Antonio de la Roca). A illa apareceu como "illa Roché" en vellos mapas. Foi redescuberta en 1775 polo capitán James Cook, quen despois rexeitou a súa procura como "non valorado o descubrimento", deulle o nome de "a Illa de Xeorxia" en honra ao rei Xurxo III de Inglaterra. O capitán Cook desembarcou na illa e anexouna para Gran Bretaña o 17 de xaneiro de 1775.

Durante o século XIX foi unha base de caza de focas e no século seguinte, unha base de caza de baleas ata mediados do mesmo. A primeira estación baleeira en terra, Grytviken, foi establecida en 1904 e estivo en operación ata 1965. As sete estacións baleeiras, todas na costa norte cos seus portos protexidos, empezando polo oeste foron:

  • Prince Olav Harbour (desde 1911 como un barco factoría, e como estación en terra desde 1916 a 1934)
  • Leith Harbour (1909 a 1965)
  • Stromness (desde 1907 como barco factoría, estación en terra de 1912 a 1931, reparacón de vergas en 1960 a 1961)
  • Husvik (desde 1907 como barco factoría, estación en terra en 1960, fóra de operacións de 1930 a 1945)
  • Grytviken (1904 a 1965)
  • Godthul (1908 a 1929, só como unha rudimentaria base en terra, as operacións principais nun barco factoría)
  • Ocean Harbour (1909 a 1920)
Igrexa en Grytviken

O 19 de marzo de 1982 unha operación táctica arxentina ocupou as Xeorxias do Sur nunha estación baleeira abandonada en Leith Harbour. O comandante da gornición arxentina, Alfredo Astiz, restaurou o nome español orixinal da illa: San Pedro e proclamou a autoridade arxentina o 3 de abril. A illa foi recapturada polas forzas británicas o 25 de abril (Operación Paraquat) como parte das accións británicas durante a Guerra das Malvinas.

A estación de investigación en King Edward Point, preto da antiga estación baleeira de Grytviken, orixinalmente establecida entre 1949 e 1950 polo British Antarctic Survey, converteuse nunha pequena gornición militar logo da Guerra das Malvinas. Volveu a mans civís no 2001.

Illas Sandwich do Sur

[editar | editar a fonte]
Mapa de Xeorxias do Sur (James Cook, 1777)

As illas foron inicialmente chamadas Sandwich "do Sur", para distinguilas das "Illas Sandwich", agora coñecidas como Hawai. As oito illas meridionais foron descubertas por James Cook en 1775. As tres setentrionais por Fabian Gottlieb von Bellingshausen en 1819. Foron nomeados polo Cuarto Conde de Sandwich, Primeiro Lord do Almirantado Británico.

O Reino Unido unilateralmente declarou a súa soberanía sobre as Sandwich do Sur en 1908, agrupándoas xunto con outros territorios británicos no Atlántico sur baixo a Dependencia das illas Malvinas. Arxentina tamén reclamou as illas en 1938 en disputa co Reino Unido.

Do 25 de xaneiro de 1955 ata o verán de 1956, Arxentina mantivo a estación de verán Tenente Esquivel na Baía Ferguson na costa sueste de Illa Thule. Desde 1976 a 1982 mantivo a base de investigación científica Corveta Uruguai, en Porto Faraday, na costa sueste da mesma illa. A pesar de que os británicos descubriron a presenza da base arxentina e protestaron formalmente en xaneiro de 1977, a remoción da base non se fixo efectiva senón ata logo da Guerra de Malvinas, 20 de xuño de 1982.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]
Xeorxias do Sur (NASA imaxe)

O poder executivo está representado na raíña Isabel II do Reino Unido, e é exercido polo Comisionado Civil, un posto asistido polo Gobernador das Illas Malvinas. Un Asistente do Comisionado encárgase dos asuntos policiais e é tamén director de Pescaderías SGSSI, responsable das licenzas de pesca. Un Xerente de Operacións encárgase dos asuntos administrativos do territorio. O Secretario de Finanzas e o Fiscal Xeral do estado do territorio son asignados e teñen cargos parecidos ao do Goberno das Illas Malvinas.

Non existe un órgano Lexislativo nin se realizaron eleccións. A Oficina de Exteriores do RU controla as relacións internacionais do territorio.

Organización político-administrativa

[editar | editar a fonte]

Non existe unha división oficial, aínda que este territorio divídese nas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa de Illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur

As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur consisten en dous grupos principais de illas:

  • Xeorxias do Sur, que consiste da illa de Xeorxia do Sur, que é a maior illa do territorio, as illas adxacentes a Xeorxia do Sur e algunhas máis remotas e illadas ao oeste e este-sueste de Xeorxia do Sur.
  • Sandwich do Sur.

Xeorxias do Sur

[editar | editar a fonte]

As Xeorxias do Sur localízanse no océano Atlántico Sur, a 1.390 km ao sueste das Illas Malvinas. Posúe unha área de 3.756 km², incluíndo as illas satélites. A illa principal, que quizais sexa a illa pantasma Pepys (en español San Pedro), ten unha área de 3.528 km². É montañosa, con 11 picos de máis de 2.000 m de altura e cuberto por varios glaciares (o Glaciar Fortuna é o maior).

As Xeorxias do Sur e as súas illas asociadas:

Sandwich do Sur

[editar | editar a fonte]
Mapa das Sandwich do Sur

As illas Sandwich do Sur de norte a sur son:

Illas (nome en inglés) Superficie Maior altura Localización
Arquipélago Marqués de Traverse (Traversay Islands)
Banco Protector (Protector Shoal) volcán submarino Protector Shoal: -27 m 55°54′S 28°06′O / -55.900, -28.100 (Protector Shoal)
Zavodovski (Zavodovski) 25 km² Monte Curry: 550 m 56°18′S 27°34′O / -56.300, -27.567 (Zavodovski)
Leskov (Leskov) 0.3 km² Punto Rudder: 190 m 56°40′S 28°08′O / -56.667, -28.133 (Leskov)
Visokoi (Visokoi) 35 km² Monte Hodson: 915 m 56°42′S 27°13′O / -56.700, -27.217 (Visokoi)
Illas Candelaria (Candlemas Islands) (ás veces incluídas entre o arquipélago Traverse)
Candelaria (Candlemas) 14 km² Monte Andrómeda: 550 m 57°05′S 26°39′O / -57.083, -26.650 (Candlemas)
Vindicación (Vindication) 5 km² Pico Quadrant: 430 m 57°06′S 26°47′O / -57.100, -26.783 (Vindication)
Illas Centrais (Central islands)
Saunders (Saunders) 40 km² Monte Michael: 990 m 57°48′S 26°28′O / -57.800, -26.467 (Saunders)
Jorge (Montagu) 110 km² Monte Belinda: 1.370 m 58°25′S 26°23′O / -58.417, -26.383 (Montagu)
Blanco (Bristol) 46 km² Monte Darnley: 1100 m 59°03′S 26°30′O / -59.050, -26.500 (Bristol)
Illas Tule do Sur (Southern Thule Islands)
Bellingshausen (Bellingshausen) 1 km² Pico Basilisk: 255 m 59°25′S 27°05′O / -59.417, -27.083 (Bellingshausen)
Tule (Thule o Morrell) 14 km² Monte Larsen: 710 m 59°27′S 27°18′O / -59.450, -27.300 (Thule)
Cook (Cook) 20 km² Monte Harmer: 1.115 m 59°28′S 27°09′O / -59.467, -27.150 (Cook)

Economía

[editar | editar a fonte]

Como non hai habitantes nativos, a actividade económica nas illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur é limitada. O territorio ten uns ingresos de 300.000 dólares por uns gastos de preto de 500.000 dólares. As principais fontes de ingresos no territorrio inclúen a pesca, turismo e venda de selos postais.

A pesca ten lugar ao redor das Xeorxias do Sur e nas augas adxacentes nalgúns meses do ano, coas licenzas de pesca para peixes e krill. Hai unha potencial fonte de ingresos nas piscifactorías de peixe e krill.

O turismo converteuse na principal fonte de ingresos nos últimos anos, con moitos cruceiros visitando as illas. O territorio obtén os ingresos dos cargos por atracar.

Selos Postais

[editar | editar a fonte]

Unha gran fonte de ingresos, tamén externa, procede dos selos postais das illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur que son producidos no Reino Unido.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Aldeas históricas e modernas na illa Xeorxia do Sur

Non hai poboación nativa nas illas, unha pequena gornición militar na illa de Xeorxia do sur, en King Edward Point marchou en marzo de 2001 para ser substituída por un grupo de científicos da British Antarctic Survey que teñen outra base na illa de Bird tamén no grupo de illas de Xeorxias do Sur. As illas Sandwich do Sur están deshabitadas.

No pasado cando a illa era unha base para a caza de baleas, a poboación de Xeorxia do Sur chegou a ser maior de 2.000 persoas. Actualmente, a poboación fixa entre científicos e administradores non excede as catro persoas.

Espazos marítimos

[editar | editar a fonte]

O Reino Unido proclamou en 1989 un mar territorial ao redor das illas Xeorxias do Sur, incluíndo as rochas Corvo mariño, Negra e Clerke e as illas Sandwich do Sur (SGSSI Territorial Sea Order 1989 N° 1.995). Inclúe no mar territorial, as augas, leito e subsolo do mar adxacente ás illas ata unha distancia de 12 MN, contadas desde a Liña de base costeira. En 1993, o Comisionado do Territorio proclamou unha zona marítima de 200 MN desde a liña de base. Esta zona marítima inclúe áreas situadas ao sur do paralelo de 60 °S, xa que o Tratado Antártico non inclúe os mares ao sur dese paralelo. Arxentina, que considera as illas como "ocupadas ilegalmente polo Reino Unido", estableceu tamén liñas de base ao redor das illas proclamando a súa soberanía sobre o mar territorial de 12 MN, a zona contigua (ata as 24 MN) e a zona económica exclusiva (ata as 200 MN), así como a plataforma submarina correspondente.

Referencias
  1. South Georgia and the South Sandwich Islands, CIA World Factbook, 2002.
  2. "South Georgia & South Sandwich Islands – Estado actual". Gobern of South Georgia and the South Sandwich Islands (GSGSSI). Consultado o 31 de maio de 2016. Non hai residentes permanentes no Territorio pero o British Antarctic Survey (BAS) opera dúas bases en Xeorxia do Sur. A base de King Edward Point (KEP) está operada baixo contrato con GSGSSI e a FCO e está formada por oito efectivos do BAS, ademais de dous oficiais do GSGSSI e os seus cónxuxes. Bird Island conta cun complemento durante todo o ano de catro funcionarios de BAS que realizan un seguimento a longo prazo de aves e mamíferos mariños. As illas Sandwich do Sur están deshabitadas, aínda que unha estación de investigación arxentina tripulada non detectada orixinalmente, e posteriormente permitida, estivo situada en Thule entre 1976 e 1982. 
  3. "The South Georgia and South Sandwich Islands Order 1985". 
  4. "Toothfish Day celebration in South Georgia and South Sandwich Islands". MercoPress (en inglés). 4 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]