[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Vjačeslav Ivanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vyacheslav V. Ivanov»)
Modelo:BiografíaVjačeslav Ivanov

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 2017 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
EducaciónPhilological Faculty of Moscow State University (en) Traducir (–1951)
Universidade Estatal de Moscova (–1951) Editar o valor en Wikidata
Director de tesePyotr Kuznetsov (en) Traducir e Mikhaïl Peterson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, semiótica, antropoloxía, ciencia da literatura, lingüística diacrónica, psicolingüística, quantitative linguistics (en) Traducir e mathematical linguistics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, tradutor, Hititologia (pt) Traducir, profesor universitario, filósofo, poeta, historiador, antropólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford
Philological Faculty of Moscow State University (en) Traducir
Moscow University's Department of Philosophy (en) Traducir
Universidade Yale
Universidade de California, Os Ánxeles
Institute of Slavic Studies of the Russian Academy of Sciences (en) Traducir
Russian State University for the Humanities (en) Traducir
Universidade de California Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresMikhaïl Peterson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosYulia Latynina (pt) Traducir, Vladimir Dybo (en) Traducir, Igor Mel'čuk (en) Traducir, E. Padučeva (pt) Traducir, Andrey Zaliznyak (en) Traducir, Boris Uspenskij (en) Traducir, Aleksandr Konstantinovič Žolkovskij (pt) Traducir e Vitaly Shevoroshkin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVladimir Dybo (en) Traducir, Igor Mel'čuk (en) Traducir, Andrey Zaliznyak (en) Traducir, E. Padučeva (pt) Traducir, Vitaly Shevoroshkin (en) Traducir, Vladislav Ardzinba e Valeria Kosyakova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVsevolod Ivanov Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteRussian writers. The Modern Era (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Vjačeslav Vsevolodovič Ivanov [1] (en cirílico Вячесла́в Все́володович Ива́нов), nado en Moscova o 21 de agosto de 1929 e finado o 7 de outubro de 2017[2], é un destacado filólogo e indoeuropeísta ruso, ben coñecido pola súa teoría glotálica do consonantismo protoindoeuropeo e por propoñer a localización da Urheimat deste pobo nas terras altas de Armenia e o Lago Urmia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O pai de Vyačeslav Ivanov foi Vsevolod Ivanov, un dos escritores soviéticos máis prominentes. A súa nai era unha actriz que traballaba no teatro de Vsevolod Meyerhold.

Ivanov estudou na Universidade de Moscova e nela traballou ata 1958, cando o despediron a causa da súa simpatía con Boris Pasternak e Roman Jakobson. Por esa época xa fixera importantes contribucións aos estudos indoeuropeos e convertérase nun dos mellores coñecedores da lingua hitita.

Ao principio da década 1960-1970, Ivanov foi un dos primeiros estudosos soviéticos en tomar un profundo interese no desenvolvemento da semiótica. Traballou con Vladimir Toporov en varias monografías lingüísticas, incluído unha introdución ao sánscrito. En 1962 xunto con Toporov e Juri Lotman estableceu a Escola semiótica de Tartu-Moscova.

A partir de 1980 comeza a traballar con Tamaz Gamkrelidze nunha nova teoría das migracións indoeuropeas, pola que posteriormente avogaron no seu libro Indo-European and Indo-Europeans (1995). Entre 1989 e 1993 ocupou un posto no Soviet Supremo de Rusia. Simultaneamente creou o Instituto de Cultura Mundial e foi o titular da Cátedra de Teoría e historia da Cultura mundial na Universidade de Moscova.

Desde finais da década de 1990-2000 Ivanov comparte o seu tempo entre Moscova (onde ensina na Universidade Estatal Rusa para as Humanidades) e Os Ánxeles, onde imparte cursos na Universidade de California, Os Ánxeles. Tamén traballou como profesor nas Universidades de Stanford e Yale.

É membro de pleno dereito da Academia Rusa das Ciencias desde 1990, e foi Foreign Fellow da Academia Británica desde 1977.

Outros intereses

[editar | editar a fonte]

Ademais dos seus intereses académicos, Vyačeslav Ivanov escribe poesía. Tamén leva publicados varios libros de memorias, entre os que destacan dous sobre as súas relacións con Boris Pasternak e Anna Akhmatova.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vyacheslav V. Ivanov e Thomas Gamkrelidze, The Early History of Indo-European Languages, Scientific American, vol. 262, nº3, 110-116, Marzo, 1990.
  • Gamkrelidze, Tamaz V.; Vjacheslav V. Ivanov (1995). Indo-European and the Indo-Europeans. Mouton de Gruyter. ISBN 3-11-014728-9.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]