[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Vuelta a España 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaVuelta a España 2007
Mapa de localización
Imaxe
TipoVuelta a España Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI ProTour 2007 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.241 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaVigo Editar o valor en Wikidata
Liña de metaMadrid Editar o valor en Wikidata
Número de participantes189, inicio
155, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1 de setembro de 2007 – 23 de setembro de 2007 Editar o valor en Wikidata
Número de edición62 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Denis Menchov
Segundo da clasificación xeral Carlos Sastre
Terceiro da clasificación xeral Samuel Sánchez
Gañador da clasificación por puntos Daniele Bennati
Gañador da clasificación da montaña Denis Menchov
Winner of the combination classification Denis Menchov
Vencedora da classificação por equipas 2007 Caisse d'Épargne
Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4716444


A LXII edición da Vuelta a España dispútase desde o 1 ata o 23 de setembro de 2007 entre as localidades de Vigo e Madrid, cun percorrido total de 3.241 km para completar a Volta. Foi gañada polo ruso Denis Menchov.

Percorrido

[editar | editar a fonte]
Percorrido da Vuelta 2007

A proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74 km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría.

A Volta ten 9 tiradas con saída inédita (Allariz, Viveiro, Langreu, Calahorra, D.O. Cariñena, Oropesa, Algemesí, Hellín e Villacarrillo). Estas tres últimas vilas españolas serán ademais final inédito, a canda Torre-Pacheco.

É a sexta vez que a Volta principia en Galicia, das cales unha foi en Santiago de Compostela (1982), dúas na Coruña (1989) e (1993), e tres en Vigo (1965, 1967 e 2007). A Volta pasou por Galicia, con esta, en 17 das 62 edicións. Delas, 12 veces tivo chegada en Vigo (1936, 1941, 1942, 1947, 1960, 1965, 1967, 1980, 1987, 1989, 1993, 2007), e 11 saída desa cidade (as mesmas agás 1987). Santiago de Compostela foi catro veces saída (1942, 1980, 1982, 1985) e cinco veces chegada (1942, 1982, 1985, 1989 e 2007).

De Viveiro e Allariz nunca saíra nin chegara a Vuelta antes desta edición.

Galegos na Vuelta

[editar | editar a fonte]

Nesta edición da Volta haberá seis ciclistas galegos, o que supón unha cifra récord. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o Karpin Galicia, que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos cinco galegos que integran o Karpin (Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez Lemos, David García Dapena, Ezequiel Mosquera e Serafín Martínez Acevedo), participou tamén como líder do seu equipo o Illes Balears-Caisse d'Epargne, Óscar Pereiro.

Óscar Pereiro sufriu unha gastroenterite pola que tivo que retirarse na tirada novena, a primeira das pirenaicas[1]. Serafín Martínez Acevedo abandonou na tirada décimo cuarta, logo de que vestise o mailló de líder da montaña nas primeiras xornadas e de que se mantivese na parte alta desta clasificación ata o seu abandono.

Tirada Data Percorrido Km Gañador da tirada Líder da clasificación xeral
1ª etapa 1 de setembro Vigo-Vigo 145 Daniele BennatiLampre Italia Daniele Bennati • Lampre Italia
2ª etapa 2 de setembro Allariz-Santiago de Compostela 150 Óscar FreireRabobank España Óscar Freire • Rabobank España
3ª etapa 3 de setembro Viveiro-Luarca 155 Paolo BettiniQuick Step Italia Óscar Freire • Rabobank España
4ª etapa 4 de setembro Langreu-Lagos de Covadonga 182 Vladimir EfimquinCaisse d'Epargne Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne
5ª etapa 5 de setembro Cangas de Onís-Reinosa 155 Óscar Freire • Rabobank España Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne
6ª etapa 6 de setembro Reinosa-Logroño 195 Óscar Freire • Rabobank España Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne
7ª etapa 7 de setembro Calahorra-Zaragoza 140 Erik ZabelMilram Alemaña Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne
8ª etapa 8 de setembro D. Orixe Cariñena-Zaragoza 49 (contra o reloxo) Bert GrabschT-Mobile Alemaña Stijn DevolderDiscovery Channel Bélxica
9ª etapa 9 de setembro Huesca-Cerler 174 Leonardo PiepoliSaunier Duval Italia Denis Menchov • Rabobank
10ª etapa 10 de setembro Benasque-Ordino Arcalís 220 Denis Menchov • Rabobank Denis Menchov • Rabobank
11ª etapa 12 de setembro Oropesa-Algemesí 190 Alessandro Petacchi • Milram Italia Denis Menchov • Rabobank
12ª etapa 13 de setembro Algemesí-Hellín 167 Alessandro Petacchi • Milram Italia Denis Menchov • Rabobank
13ª etapa 14 de setembro Hellín-Torre-Pacheco 150 Andreas Klier • T-Mobile Alemaña Denis Menchov • Rabobank
14ª etapa 15 de setembro Porto Lumbreras-Villacarrillo 205 Jason McCartney • Discovery Channel Denis Menchov • Rabobank
15ª etapa 16 de setembro Villacarrillo-Selecta 205 Samuel Sánchez GonzálezEuskaltel-Euskadi España Denis Menchov • Rabobank
16ª etapa 18 de setembro Xaén-Puertollano 165 Leonardo DuqueCofidis Denis Menchov • Rabobank
17ª etapa 19 de setembro Cidade Real-Talavera de la Reina 180 Daniele Bennati • Lampre Italia Denis Menchov • Rabobank
18ª etapa 20 de setembro Talavera de la Reina-Ávila 154 Luís PérezAndalucía Cajasur España Denis Menchov • Rabobank
19ª etapa 21 de setembro Ávila-Alto de Abantos 135 Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi España Denis Menchov • Rabobank
20ª etapa 22 de setembro Collado Villalba 25 (contra o reloxo) Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi España Denis Menchov • Rabobank
21ª etapa 23 de setembro Rivas Vaciamadrid-Madrid 100 Daniele Bennati • Lampre Italia Denis Menchov • Rabobank

Etapas clave da Volta a España 2007

[editar | editar a fonte]
Saída neutralizada no cruzamento dos Choróns (Vigo)
Oscar Freire de amarelo no podio da 2ª etapa con final en Santiago

A proba comezará cunha tirada completa en liña (nin contra o reloxo nin prólogo), o que non se facía dende 1998. A 4ª etapa ascéndese ó porto asturiano dos Lagos de Covadonga. A seguinte etapa chega a Reinosa e constará de 4 portos, un deles, La Palombera, que será de 1º categoría e a só 18 km de meta. A primeira crono disputarase en Zaragoza sobre 49 km. Os escaladores atopáranse con dúas tiradas de alta montaña seguidas nos Pireneos. Na primeira delas ascenderán catro portos: Monrepos, Serrablo, Foradad e a ascensión final a Cerler. Ó día seguinte será a etapa máis longa e terán que subir Fayas, Perves, Cantó e a ascensión final a Ordino-Arcalís.

A segunda parte da Volta será máis levadía por terras levantinas e murcianas ata chegar a Andalucía. A 14º tirada disputarase na Serra de Cazorla, onde se ascenderán 3 portos. A 15º etapa chegarase á provincia de Granada, onde os ciclistas defrontarán, como nas últimas dúas edicións, a ascensión do Monachil. A 16ª xornada terá tres portos e chegarase a Castela-A Mancha. A 18ª xornada chegarase a Ávila, ascendendo Mijares e Navalmoral. Ó día seguinte chegarase ó Alto de Abantos, como a última etapa con final no alto. Está etapa constará de 6 portos e Abantos subirase dúas veces. O penúltimo día haberá unha contra o reloxo clásica de 25 km por Collado Villalba e a Volta terminará ó día seguinte no Paseo de la Castellana en Madrid.

Os portos da Volta a España 2007

[editar | editar a fonte]
Tirada Portos
1 Alto de Vilarchán (340 m, 3º) | Alto de San Cosme (380 m, 3º)
2 Alto do Paraño (800 m, 3º)
3 Alto de Nogueira (400 m, 3º) | A Cruz da Campa (300 m, 3º)
4 La Llama (425 m, 3º) | Lagos de Covadonga (1.100 m, especial)
5 Collado de Ozalba (560 m, 2º) | Collado de Carmona (620 m, 2º) | Palombera (1.230 m, 1º)
6 Alto de Cerceda (730 m, 3º)
9 El Serrablo (1.290 m, 2º) | La Foradada (1.020 m, 2º) | Cerler (1.920 m, especial)
10 Perves (1.350 m, 2º) | Cantó (1.600 m, 1º) | Ordino-Arcalís (2.220 m, especial)
11 Porto Chirivilla (711 m, 2º)
13 Alto de Prego (460 m, 3º)
14 El Pinar (1.60 m, 2º) | Alto del Tronco (1.100 m, 2º)
15 Los Blancares (1.290 m, 3º) | Alto de Monachil (1.510 m, 1º)
16 Alto del Parque Natural de Andújar (750 m, 2º) | Alto de la Sierra Madrona (960 m, 3º) | Los Rehoyos (980 m, 2º)
17 El Milagro (930 m, 3º)
18 Navalmoral (1.514 m, 2º)
19 Alto de Santa María de la Alameda (1.440 m, 2º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º)

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]
Equipo Líder
Ag2r Prévoyance Francia José L. Arrieta España
Andalucía Cajasur España Luis Pérez España
Bouygues Télécom Francia Stef Clement Países Baixos
Caisse d´Epargne España Óscar Pereiro Galicia
Cofidis Francia Stéphane Auge Francia
Crédit Agricole Francia Pietro Caucchioli Italia
Discovery Channel Janez Barajkovic Eslovenia
Euskaltel-Euskadi Samuel Sánchez España
Française des Jeux Francia Carlos da Cruz Francia
Gerolsteiner Alemaña Markus Fothen Alemaña
Karpin Galicia Galicia Carlos Castaño España
Equipo Líder
Lampre-Fondital Italia Damiano Cunego Italia
Liquigas Italia Manuel Beltrán España
Milram Italia Alessandro Petacchi Italia
Predictor-Lotto Bélxica Cadel Evans Australia
Quick Step-Innergetic Bélxica Juan Manuel Gárate España
Rabobank Países Baixos Denis Menchov
Relax Gam España Daniel Moreno España
Saunier Duval-Prodir España J. Á. Gómez Marchante España
Team CSC Dinamarca Carlos Sastre España
T-Mobile Alemaña Adam Hansen Australia

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]