[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Viacrucis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiras estacións do Viacrucis do Casal, Estacas, Cuntis

Un viacrucis (do latín Via Crucis, "camiño da cruz") é unha representación das diferentes etapas ou momentos vividos por Xesucristo desde o momento en que foi aprehendido ata a súa crucifixión e sepultura.

Características

[editar | editar a fonte]

As etapas do viacrucis denomínanse estacións e tradicionalmente cóntanse 14, que son as seguintes:

  • Primeira estación: Xesús é condenado a morte
  • Segunda estación: Xesús é cargado coa cruz.
  • Terceira estación: Xesús cae por primeira vez
  • Cuarta estación: Xesús atopa a súa Nai María
  • Quinta estación: Simón o Cireneo axuda a Xesús a levar a cruz
  • Sexta estación: A Verónica limpa o rostro de Xesús
  • Sétima estación: Xesús cae por segunda vez
  • Oitava estación: Xesús consola ás mulleres de Xerusalén
  • Novena estación: Xesús cae por terceira vez
  • Décima estación: Xesús é desposuído das súas vestiduras
  • Undécima estación: Xesús é cravado na cruz
  • Duodécima estación: Xesús morre na cruz
  • Décimo terceira estación: Xesús é descendido da cruz e posto en brazos de María
  • Décimo cuarta estación: Xesús é sepultado

As seguintes imaxes pertencen ó Viacrucis do Monte de Santa Trega, na Guarda.

Realización e actualización

[editar | editar a fonte]
Exemplo de representación de estación (XII), dentro dunha igrexa

É normal facer un percorrido grupal que pode ser dentro do templo ou polas rúas, deténdose en cada estación e facendo unha oración en cada unha, unha lectura dalgunha pasaxe do evanxeo, ou tamén un canto. É unha práctica que fundamentalmente se realiza o Venres Santo. Tamén é costume esta práctica nos venres de coresma

Recentemente, e baixo o auspicio do Papa Xoán Paulo II, creouse un novo Viacrucis, con 15 estacións, baseadas todas en momentos do Novo Testamento, xa que o anterior recollía moitas pasaxes dos Evanxeos apócrifos. Este novo Viacrucis comeza coa oración de Xesús no horto de Xetsemaní e finaliza coa Resurrección de Cristo.

Tamén se chama Viacrucis ao conxunto de 14 cruces, case sempre acompañadas de cadros, que adoitan estar en todos os templos católicos, e que representan as 14 estacións arriba citadas. É costume que un sacerdote franciscano as bendiga, por ser a Orde Franciscana a encargada de custodiar a Terra Santa. A Igrexa ensina que o rezo do Viacrucis ante estas estacións está enriquecido cunha Indulxencia plenaria.

Por extensión, esta expresión úsase adoito para expresar todo tipo de dificultades que se presentan na vida cando se queren alcanzar certos obxectivos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]