Varese
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Provincias | Provincia de Varese | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 78.409 (2023) (1.429,78 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 54,84 km² | ||||
Altitude | 382 m | ||||
Comparte fronteira con | Arcisate (pt) Gavirate (pt) Galliate Lombardo (pt) Cazzago Brabbia (pt) Gazzada Schianno (pt) Lozza (pt) Induno Olona (pt) Luvinate (pt) Malnate (pt) Castello Cabiaglio (pt) Cantello (pt) Biandronno (pt) Azzate (pt) Casciago (pt) Bodio Lomnago (pt) Buguggiate (pt) Brinzio (pt) Vedano Olona (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Vítor da Mauritânia (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Davide Galimberti (en) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0332 | ||||
Identificador ISTAT | 012133 | ||||
Código catastral italiano | L682 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.varese.it | ||||
Varese é unha cidade italiana, capital da provincia homónima, na Lombardía. En 2010, Varese tiña 81.922 habitantes, cunha densidade de 1.517 hab./km².
Historia
[editar | editar a fonte]Dise que o seu nome deriva dun termo celta, var, que significa auga, en canto atópase nas veciñanzas dun lago, que leva o seu nome, o Lago de Varese. Era chamada "Città Giardino" (Cidade xardín), grazas ao moito verde que se podía atopar no ámbito e en particular no casco antigo, o que contribuían sen dúbida os xardíns e os parques das moitas vilas que aquí foron construídas.
A cidade de Varese atópase nunha posición característica, aos pés do "Sacro Monte dei Varese" (Sacro Monte de Varese), que forma parte do Macizo do "Campo dei fiori" (Campo das flores) e é sede dun observatorio astronómico, ademais de do Centro Xeofísico Prealpino, unha estación meteorolóxica dirixida polo doutor Salvatore Furia. A sección que ocupa a parte media da montaña toma o nome de Santa María do Monte debido ao santuario medieval, ao cal se chega pola avenida das catorce capelas do Sacro Monte. A sinalar na marxe máis baixa da cidade, o homónimo lago que a roza a nivel dalgunhas construcións.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Varese baséase principalmente na industria e na agricultura intensiva. Algunhas firmas famosas de Varese son: Aermacchi (avións), Agusta (helicópteros), Cagiva (motocicletas), Former Ignis (parte de Whirlpool) (electrónica). A cidade de Varese deuse a coñecer a nivel internacional grazas aos éxitos do seu equipo de baloncesto, o Pallacanestro Varese, que é o segundo club máis laureado de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa.