[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Vallabhbhai Patel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVallabhbhai Patel

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Vallabhbhai Patel
(hi) सरदार वल्लभभाई पटेल Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Nadiad (Raj Británico) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Bombai, India Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Minister of Home Affairs (en) Traducir
15 de agosto de 1948 – 15 de decembro de 1950
← sen valor – Chakravarthi Rajagopalachari (pt) Traducir →
Deputy Prime Minister of India (en) Traducir
15 de agosto de 1947 – 15 de decembro de 1950
← sen valor – Morarji Desai (pt) Traducir →
Nomeado por: Jawaharlal Nehru
Member of the Advisory Committee of the Constituent Assembly of India (en) Traducir
24 de xaneiro de 1947 –
Member of the Steering Committee of the Constituent Assembly of India (en) Traducir
21 de xaneiro de 1947 –
Membro do Comité Negociador da Asemblea Constituínte da India
21 de decembro de 1946 –
Membro da Asemblea Constituínte da India
6 de xullo de 1946 – 24 de xaneiro de 1950
Membro do Lok Sabha
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiddle Temple (en) Traducir
City Law School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista, Barrister, economista, loitador pola liberdade Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Indio Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJhaverben Patel Editar o valor en Wikidata
FillosManiben Patel, Dahyabhai Patel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Патель Валлабхаи) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1524543 WikiTree: Patel-789 Find a Grave: 215472560 Editar o valor en Wikidata

Vallabhbhai Patel, nado en Nadiad o 31 de outubro de 1875 e finado en Bombai o 15 de decembro de 1950, coñecido popularmente como Sardar Patel, foi un político indio. Foi o primeiro Viceprimeiro Ministro da India. Foi avogado e estadista, líder do Congreso Nacional Indio e pai fundador da República da India que tivo un papel principal na loita pola independencia do seu país e guiou a integración nunha única nación independente.[1] Na India e noutros lugar adoita ser chamado Sardar, que significa "xefe" en hindi, urdú e persa. Actuou como ministro do interior durante a integración política da India e a guerra indopaquistaní de 1947.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Patel creceu na área rural do estado de Gujarat.[3] Foi un avogado de éxito e organizou os campesiños de Kheda, Borsad e Bardoli en Gujarat nun movemento non violento de desobediencia civil contra o Raj británico, converténdose nun dos líderes máis influentes do estado. Foi nomeado o 49.º presidente do Congreso Nacional da India, organizando o partido para as eleccións de 1934 e 1937 mentres promovía o movemento Quit India.

Como primeiro ministro do interior e viceprimeiro ministro da India, Patel fixo esforzos polos refuxiados de Punjab e Delhi e traballou para restaurar a paz. Liderou as tarefas para forxar unha India unida, integrando con éxito na nova nación independente as provincias coloniais británicas que foran "colocadas" no país.[4] Ademais destas provincias que estaban baixo o goberno directo británico, aproximadamente 565 estados principescos autónomos foran liberados da soberanía británica pola Acta de Independencia India de 1947. Ameazando as forzas militares, Patel persuadiu a case todos os estados principescos a acceder á India. O seu compromiso coa integración nacional foi total e inflexible, valéndolle o alcume de "Home de Ferro da India".[5] Tamén é lembrado como o "santo patrón dos servidores civís da India" porque estableceu o moderno sistema administrativo do país. Tamén se lle chamou "Unificador da India".[6] A Estatua da Unidade, estatua máis alta do mundo, dedicóuselle o 31 de outubro de 2018 e mide aproximadamente 182 metros.[7]

[editar | editar a fonte]
  1. "How Vallabhbhai Patel, V P Menon and Mountbatten unified India". 31 de outubro de 2017. 
  2. Gandhi, Rajmohan. Patel: a life (Biography). navjivan trust. 
  3. Lalchand, Kewalram (1977). The Indomitable Sardar. Bharatiya Vidya Bhavan. p. 4. Sardar Vallabhbhai Patel 
  4. Menon, V.P. (15 de setembro de 1955). Original first edition with maps - The story of the integration of the Indian states (First ed.). Bangalore: Longmans Green and Co. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  5. "PM Modi pays rich tribute to 'iron man' Sardar Patel on his 141st birth anniversary". The Indian Express. 31 de outubro de 2016. 
  6. "Prime Minister Narendra Modi pays tribute to India's 'Iron Man' on his 141st birth anniversary". The Financial Express. 31 de outubro de 2016. 
  7. "India unveils the world's tallest statue". BBC. 31 de outubro de 2018. 
  8. Time covers
  9. "Film fest to celebrate Independence Day". The Times of India. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]