Uummannaq
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Dinamarca | |||
País autónomo | Groenlandia | |||
Concello | Avannaata | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.407 (2020) (136,73 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 10,29 km² | |||
Creación | 1763 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3961 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Uummannaq é unha vila do concello de Avannaata, no oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 1 407 habitantes en 2020, é a oitava vila máis poboada de Groenlandia.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1763[2] como Omenak,[3] a vila é un importante centro de caza e pesca, cunha fábrica de conservas e unha canteira de mármore.[4] En 1932, a Universal Greenland-Filmexpedition co director Arnold Fanck estrearon o filme S.O.S. Eisberg preto de Uummannaq.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vila atópase na illa de Uummannaq, que está no parte meridional do fiorde de Uummannaq, a 590 quilómetros ao norte do círculo polar ártico.
Montaña Uummannaq
[editar | editar a fonte]A illa tamén acolle a montaña Uummannaq, que se ergue bruscamente até acadar os 1170 metros de altura. Para escalala requírense boas habilidades técnicas.
Clima
[editar | editar a fonte]Uummannaq ten un clima de tundra con veráns fríos e curtos e invernos longos e moi fríos.
Datos climáticos para Uummannaq | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | −8 | −12 | −11 | −8 | 2 | 8 | 11 | 9 | 4 | 0 | −3 | −6 | −1 |
Media mínima en °C | −13 | −17 | −17 | −14 | −4 | 2 | 5 | 5 | 1 | −3 | −7 | −10 | −6 |
Precipitación media mm | 23 | 10 | 10 | 13 | 10 | 8 | 13 | 13 | 20 | 18 | 30 | 30 | 188 |
Fonte: Weatherbase [6] |
Demografía
[editar | editar a fonte]Uummannaq é a segunda vila do concello de Avannaata en termos de poboación. En 2020 tiña 1 407 habitantes,[1] o que supón unha diminución de máis do 12% dende o ano 2000.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 01 de febreiro de 2024.
- ↑ [1] Arquivado 2010-10-30 en Wayback Machine.
- ↑ Colton, G.W. "Northern America. British, Russian & Danish Possessions In North America." J.H. Colton & Co. (New York), 1855.
- ↑ [2] Arquivado 2010-10-27 en Wayback Machine.
- ↑ Estate of Walter Riml (ed.). "1932: In Greenland". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2014. – About filming in Greenland. Lobbycards, photos, etc. of Walter Rimls estate
- ↑ Weatherbase, ed. (2011). "Weatherbase: Historical Weather for Uummanaq, Greenland". Consultado o 24 de novembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uummannaq |