[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Unalaska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUnalaska
Iluulux̂ (mis) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 53°54′N 166°30′O / 53.9, -166.5
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoAlasca
BoroughDistrito não organizado (pt) Traducir
Census area of Alaska (en) TraducirRegião Censitária de Aleutians West (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación4.254 (2020) Editar o valor en Wikidata (7,72 hab./km²)
Número de fogares18.014 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie550,828972 km² Editar o valor en Wikidata
Auga47,4365 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Creación1774 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal99685 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC−9 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico907 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webci.unalaska.ak.us Editar o valor en Wikidata

Unalaska é unha pequena localidade na illa de Unalaska e a illa veciña de Amaknak en Illas Aleutianas (Alasca). A cidade ten unha superficie total do 549,9 km². O número de habitantes censados en 2005 era de 4.347. Case todas as instalacións portuarias están na illa de Amaknak, máis coñecido como Dutch Harbor ou simplemente Dutch como é chamado polos pescadores de caranguexos do mar de Bering. O porto está conectado con Unalaska por unha ponte. O nome de "Unalaska" é probablemente unha derivación do nome ruso "Ounalashka".

Demografía

[editar | editar a fonte]

No ano 2005 Unalaska tiña 4.283 habitantes, 834 casas, e 476 familias residindo na cidade. A densidade demográfica era de 14,9/km². A poboación compúñase dun 44,20% de persoas de raza branca, un 3,67% de negros ou afroamericanos, un 7.70% de americanos nativos, un 30.63% de asiáticos, un 0,56% de insulares do Pacífico, un 9,32% doutras razas, e 3.92% de dúas ou máis razas. Un 12.86% da poboación eran hispáno ou latinos.

Un 36,9% dos fogares tiñan nenos menores de 18 anos, nun 47,1% vivían parellas casadas e un 42,9% eran fogares sen familia. O 32,0% de todas os fogares estaban compostos dun individuo e nun 1,6% vivía unha única persoa maior de 65 anos. A media de habitantes por fogar era de 2,51 e o tamaño medio das familias era 3,27 persoas.

Por idades, a poboación compúñase de: un 14.6% individuos menores de 18 anos, un 7,6% de entre 18 e 24 anos, un 50,9% entre 25 a 44 anos, un 25,4% entre 45 e 64 anos, e 1,6% maiores de 65 anos. A idade media era de 36 anos. Para cada 100 mulleres había 194,8 homes e por cada 100 mulleres maiores de 18 anos había 218,7 homes.

A renda mediana por fogar na cidade era 69.539 $ , e a renda media por familia era 80.829 $. Os homes tiñan unha renda media de 41.352 $contra $29.766 das mulleres. Cerca do 2,0% de familias e 12,5% da poboación estaban por baixo da liña da pobreza, incluíndo un 2,8% con idade inferior aos 18 anos e un 15,8% deles era maior de 65 anos.

As illas de Unalaska e de Amaknak tiñan 24 establecementos con máis de 1.000 habitantes aleutianos en 1759. En 1768, Unalaska converteuse nun porto de comercio ruso para a industria do mar.

En 1825, a igrexa ortodoxa rusa construíu en Unalaska unha igrexa. O sacerdote, Ivan Veniaminov, compuxo o primeiro sistema de escritura do aleutiano con axuda local, e traduciu escrituras sagradas a esa lingua. Durante este tempo, (entre 1830 e 1840), soamente 200 a 400 aleutianos vivían en Unalaska.

O 3 de xuño de 1942, durante a segunda guerra mundial, Unalaska foi atacada polos xaponeses. A maioría dos nativos residentes na illa foron enviados ao sueste de Alasca mentres durou a guerra.

Economía

[editar | editar a fonte]

O porto de Unalaska é o principal porto e base da industria pesqueira do caranguexo do mar de Bering. Foi o porto pesqueiro máis grande dos Estados Unidos en termos do volume de mariscos capturado, desde 1981 ata 2000, e en termos de valor por captura. Con todo, desde o ano 2000, o porto de New Bedford, Massachusetts, superoulle nesa categoría.

Un proxecto experimental no porto de Unalaska está producindo biodiesel do aceite dos peixes da industria pesqueira local conxuntamente coa universidade de Fairbanks Alaska. O aproveitamento económico do aceite dos peixes é raro e as comunidades de Alasca son moi dependentes na xeración de enerxía diésel. As fábricas locais xeran 3,5 millóns de toneladas de aceite de peixe anualmente.