Twickenham Stadium
Twickenham Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 51°27′22″N 0°20′30″O / 51.456111111111, -0.34166666666667 |
Localización | Londres, Inglaterra |
Construción | |
Inauguración | 2 de outubro de 1909 (1907) |
Renovación | 2006 (última) |
Arquitecto | Archibald Leitch e Mather & Co |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 82.000 |
Propietario | Rugby Football Union |
Operadora | Rugby Football Union |
Localía | Selección de rugby de Inglaterra |
Web | https://www.twickenhamstadium.com/ e https://allianzstadiumtwickenham.com/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Twickenham Stadium (normalmente coñecido sinxelamente coma Twickenham ou Twickers[1]) é un estadio situado en Twickenham, en London Borough of Richmond upon Thames (municipio do Gran Londres). É o estadio máis grande de rugby do Reino Unido, sendo ampliado recentemente a 82.000 espectadores, o que o converte no segundo estadio máis grande do estado despois do novo estadio de Wembley.
O estadio é a casa da Federación de Rugby-Fútbol (Federación Inglesa de Rugby) ou RFU, e como tal é o principal lugar para a celebración deste deporte en Inglaterra. Acolle así pois á selección de rugby nos seus partidos na casa, ademais tamén acolle o Middlesex Sevens, a final da Aviva Premiership, e decotío partidos da LV Cup e da Champions Cup. O estadio está considerado coma unha icona do rugby de inglés.
Aínda que o campo é utilizado case que exclusivamente polo rugby, no pasado foi ocupado por eventos de grande importancia coma concertos de Bon Jovi, Iron Maiden, Genesis, U2, The Rolling Stones, The Police, Eagles e máis recentemente de R.E.M..
O estadio é visíbel cando os avións se aproximan ao Aeroporto de Heathrow.
Notas
[editar | editar a fonte]