Time Out of Mind
Time Out of Mind | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bob Dylan | ||||
Publicado | 30 de setembro de 1997 | |||
Gravación | 1996 - 1997 | |||
Estudio(s) | Criteria Studios, Miami | |||
Duración | 72:50 | |||
Xénero(s) | country, blues, rockabilly | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Daniel Lanois (en asociación con Jack Frost Productions) | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Time Out of Mind é o trixésimo álbum de estudio do músico estadounidense Bob Dylan, publicado o 30 de setembro de 1997 a través do selo Columbia Records. Foi o seu primeiro disco de estudio dobre (en vinilo) dende Self Portrait, editado en 1970. O disco tamén foi lanzado como un único CD.
Para moitos fans e críticos, o álbum marcou o regreso artístico de Dylan despois de que pareceu unha loita coa súa identidade musical ao longo dos anos 80; non editara ningún material orixinal en sete anos, dende o Under the Red Sky de 1990. Time Out of Mind é aclamado como un dos mellores álbums de Dylan, e gañou tres premios Grammy, incluído o de álbum do ano, en 1998. Tamén ocupou o posto número 410 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos en 2012.[1]
O álbum ten un son atmosférico grazas ao traballo innovador do produtor Daniel Lanois, que colocou os micrófonos coidadosamente e realizou unha estratéxica mestura detallada por Dylan nas súas memorias, Chronicles: Volume One. Aínda que Dylan falou positivamente do estilo de produción de Lanois, non quedou satisfeito co son de Time Out of Mind.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Bob Dylan.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Love Sick" | 5:21 | |||||||
2. | "Dirt Road Blues" | 3:36 | |||||||
3. | "Standing in the Doorway" | 7:43 | |||||||
4. | "Million Miles" | 5:52 | |||||||
5. | "Tryin' to Get to Heaven" | 5:21 | |||||||
6. | "'Til I Fell in Love with You" | 5:17 | |||||||
7. | "Not Dark Yet" | 6:29 | |||||||
8. | "Cold Irons Bound" | 7:15 | |||||||
9. | "Make You Feel My Love" | 3:32 | |||||||
10. | "Can't Wait" | 5:47 | |||||||
11. | "Highlands" | 16:31 | |||||||
72:50 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2012-05-31). "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-16.