The Collectors Club
The Collectors Club | |
---|---|
Tipo | negocio |
Data de fundación | 1896 |
Sede | Nova York |
En | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.collectorsclub.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Collectors Club é un club filatélico localizado en Nova York coa finalidade de promover a filatelia.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en 1896 e inicialmente contaba cun cento de membros, entre os fundadores figuraban John W. Scott, John Luff e Charles Mekeel. Tamén figuraron entre os seus socios Alfred F. Lichtenstein, Theodore Steinway, Alfred Caspary e Harry Lindquist; Franklin D. Roosevelt foi membro honorario. Na actualidade (2006) conta con 750 membros e edita a publicación bimensual The Collectors Club Philatelist. A sede da fundación está desde 1938 nun edificio histórico construído en 1902 por Stanford White no barrio de Murray Hill, alí tamén se sitúa a súa biblioteca, unha das máis bibliotecas filatélicas máis completas do mundo con 150.000 volumes. En 1952 The Collectors Club instituíu o Premio Alfred F. Lichtenstein para distinguir a un filatelista destacado.