[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Terra (Dragon Ball)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Planeta Terra en Dragon Ball

A Terra é o mundo ficticio do anime e manga Dragon Ball. É o lugar onde suceden a maior parte das historias. Tomando en conta varios Crossovers nas historias poderíase asumir que tamén o mundo de Dr. Slump e Neko Majin Z. É comunmente chamado Terra polos seus habitantes, e o nome Dragon World é principalmente empregado nos libros con información da serie ou en recapitulacións dos capítulos.

Características

[editar | editar a fonte]

O planeta está basicamente baseado no planeta Terra real, pero con significativas diferenzas:

  • A distribución dos continentes é ben diferente, cun supercontinente e dous continentes pequenos (aínda que nalgunha imaxe sae un planeta coa mesma distribución que a Terra real).
  • Ten anacronismos como a coexistencia de seres da prehistoria como os dinosauros, e tecnoloxía futurista como coches voadores e as cápsulas (nas que nuns poucos centímetros, premendo un botón convértense en obxectos de medidas moito máis grandes).
  • Arquitectura peculiar, común a todo o planeta: as construcións teñen na súa maioría formas arredondadas semellantes a iglús.
  • A división política está organizada en 43 sectores cun líder local en cada un, pero cun único rei planetario.
  • No mundo conviven xunto cos humanos outros animais (a miúdo antropomórficos).
  • Salvo en certas excepcións (Doutor Guero, Bulma, Videl...) a especie humana amósase incriblemente estúpida.

Relixión e mitoloxía

[editar | editar a fonte]
  • No universo de Bóla de Dragón as deidades teñen unha xerarquía específica:
    • Cada planeta ten unha Deidade ó seu cargo, que é mortal e non é todopoderoso, e que reside no propio planeta. No caso da Terra, durante a maior parte da historia, o seu Deus é un namekiano chamado simplemente Deus (Kamisama), pero máis adiante é substituído por outro namekiano chamado Dende.
    • Por riba do Deus de cada planeta hai cinco seres (un por cada galaxia, chamados xenericamente kaio). Catro deles encárganse dos cuadrantes (norte, sur, leste e oeste) e o quinto supervísaos. A Terra está situada no cuadrante norte e o seu deus é o Kaiō do norte.
    • Por riba dos kaios están os kaioshins. Tamén hai cinco, catro deles que se encargan dos cuadrantes do Universo ó completo e un quinto por riba deles. En Bola de Dragón só está vivo o Kaiō Shin do leste, xa que os outros foron eliminados por Majin Boo.