[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Tabari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTabari

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد بن جرير الطبري Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento839 (Gregoriano) (>838) Editar o valor en Wikidata
Amol (Abbásida) Editar o valor en Wikidata
Morte923 Editar o valor en Wikidata (83/84 anos)
Bagdad (Abbásida) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAl Rahbi Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAmol (pt) Traducir
Exipto
Rey (pt) Traducir
Bagdad Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam, Sunnismo e Jariri (escola de jurisprudência islâmica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscolas de teoloxía islámica e tafsir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, escritor, alfaquí, filósofo, poeta Editar o valor en Wikidata
AlumnosAl-Qaffāl al-Shāshī (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Islamskiy enciklopedicheskiy slovar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX963792

Abu Ja'far Muhammad ibn Jarir al-Tabari (en persa: محمد بن جریر طبری, en árabe: أبو جعفر محمد بن جرير), nado en 839 e finado en 923, foi historiador e teólogo sunnita iraniano, naceu en Amol, Tabaristán (ao sur do Mar Caspio) e estudou en Ray, Bagdad, Siria e Exipto. "Tabari" significa "de Tabaristán". Morreu en Bagdad.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes dos sete anos xa aprendera o Corán de memoria, e nos dous anos seguintes rematou os estudos das recollas clásicas dos hadiths. Deixou o seu domicilio familiar aos doce anos para ir estudar e antes dos dezasete chegou a Bagdad. Alí contaba con coñecer a Ahmedben Hanbal, mais chegou pouco despois da morte deste. Após un ano en Bagdad, viaxou até o sur de Iraq, estudando en Kufa e Basra. Retornou a Bagdad e permaneceu nela oito anos. Partiu de novo de viaxe á Siria, a Palestina e a Exipto. Cara 870 volveu a Bagdad, onde decorreron os cincuenta e tres anos restantes da súa vida ensinando a tradición e a lei, ben que visitou o Tabaristán varias veces e peregrinou á Meca. A súa vida foi simple e digna e caracterizouse pola dilixencia extrema. Dise que rexeitaba os regalos de valor.

As súas orixes iranianas non impediron que se encadrase na tradición suní, pasase a maior parte da súa vida en Bagdad e escribise todas as súas obras en árabe. Inscribíase na tradición shafi'ita da lei e reclamaba o dereito a criticar todas as escolas. Rematou por fundar a súa propia, na que chegou a provocar a ira violenta dos hanbalitas.

Tabari escribiu sobre case todos os temas da vida musulmá: historia, exexese do Corán, recolla de hadiths, comentarios sobre dereito etc. Interesouse tamén pola medicina. As súas obras non son numerosas, mais dúas delas son bastante extensas.

Historia dos profetas e os reis (Tārikh ur-Rusul wal-Mulūk, تاريخ الرسل والملوك), coñecida como os Anais, é unha historia desde a Creación até 915.

Os seus comentarios sobre o Corán son tan detallados como os Anais. O tamaño da obra e a independencia de xuízo teñen dificultado a súa popularización, mais si é utilizada.

Tabari albergou un terceiro proxecto sobre as tradicións dos compañeiros de Mahoma.