[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Torquato Tasso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTorquato Tasso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1544 Editar o valor en Wikidata
Sorrento, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1595 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSant'Onofrio al Gianicolo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía, drama e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, escritor, prosista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1562 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoPoesia narrativa (pt) Traducir, diálogo, drama, long poem (en) Traducir, tratado, Oda, Canzone (pt) Traducir, Madrigal e soneto Editar o valor en Wikidata
MovementoHumanismo e Manierismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFederico Pendasio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiBernardo Tasso Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тассо Торквато)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0851008 BNE: XX913568 Spotify: 0UVULyt93vXAFVEXHv5Ib3 Musicbrainz: 40e5a301-2f2a-4302-8f82-2f16683f4692 IMSLP: Category:Tasso,_Torquato Find a Grave: 194287112 Editar o valor en Wikidata

Torquato Tasso, nado en Sorrento, preto de Nápoles, o 11 de marzo de 1544 e finado en Roma o 25 de abril de 1595, foi un poeta italiano da época da Contrarreforma.[1][2] É coñecido sobre todo polo seu extenso poema épico Gerusalemme Liberata ("Xerusalén liberada", 1581), ambientado no asedio de Xerusalén durante a Primeira Cruzada, así como pola loucura que o invadiu nos seus últimos anos.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Torquato Tasso naceu en Sorrento, fillo de Bernardo Tasso, un nobre de Bérgamo que destacou na súa época como poeta épico e lírico, e de Porzia de Rossi, unha nobre napolitana de orixe toscana. O seu pai foi durante anos secretario ao servizo do príncipe de Salerno, Ferrante Sanseverino, e a súa nai tiña relacións coas familias máis poderosas de Nápoles. Durante a infancia de Tasso, o principado de Nápoles entrou en conflito co goberno español, polo que Sanseverino perdeu os seus privilexios e dereitos hereditarios; esta caída en desgraza afectou tamén á familia do poeta. Bernardo e Torquato foron considerados rebeldes e o seu patrimonio foi requisado. No 1552, Torquato vivía coa súa nai e a súa irmá Cornelia en Nápoles, namentres estudaba cos xesuítas. A súa precocidade intelectual e o seu fervor relixioso atraeron a admiración da xente. Aos oito anos, xa era famoso.[2]

Tempo despois, foi vivir co seu pai, que estaba exiliado en Roma. No 1556, chegoulles a noticia do súbito e misterioso falecemento da nai en Nápoles. Bernardo Tasso estaba convencido de que fora asasinada polo seu cuñado, que desexaba facerse co patrimonio familiar. Porén, este pasou directamente a mans da irmá de Tasso, Cornelia.[2]

Ao ano seguinte, no 1557, o pai trasladouse a Urbino para traballar na corte. Torquato Tasso, daquela un rapaz agraciado e brillante, converteuse en compañeiro de estudos e deportes do herdeiro do duque de Urbino, Francesco Maria della Rovere. En Urbino, unha sociedade de persoas de cultura compartían o gusto polos estudos estéticos e literarios, por entón de moda. Bernardo Tasso lía cantos do seu poema L'Amadigi á duquesa e ás súas damas, ou discutía os méritos de poetas clásicos e contemporáneos (coma Homero, Virxilio, Trissino ou Ariosto) cos bibliotecarios e secretarios do duque. Neste sentido, Torquato Tasso medrou nunha atmosfera de luxo refinado e pedantería que deixaría unha fonda pegada no seu carácter.[2]

No 1560, o pai viaxou a Venecia para supervisar a impresión da súa épica L'Amadigi. Alí, Torquato Tasso continuou a atraer a atención dos círculos literarios e intelectuais; porén, Bernardo, que dependera toda a súa vida da nobreza pola súa capacidade literaria, desexaba que o seu fixo atopase unha profesión lucrativa. Xa que logo, enviouno a Padua para estudar dereito. Non obstante, no canto de centrarse nas leis, dedicouse á filosofía e á poesía. Cara finais do 1562, rematou un poema épico en doce cantos titulado Rinaldo, que buscaba combinar a regularidade do verso virxiliano co atractivo da épica romántica. Este obxectivo permitiulle crear unha peza orixinal, aínda que marcada pola celeridade da súa elaboración. Con todo, Tasso foi recoñecido coma unha das novas promesas da poesía do seu tempo. O pai, aprezando a calidade da obra, consentíu a súa publicación e, tras un período de estudos en Boloña, permitíulle entrar ao servizo do cardeal Luigi d'Este.[2]

Tasso xa levaba tempo visitando a corte de d'Este en Ferrara onde, no ano 1563, coñeceu a Lucrezia Bendidio, unha das damas de honra de Eleanora d'Este, da que namorou. Bendidio converteuse na receptora dos seus primeiros sonetos de amor. Máis tarde, dedicou tamén poesías a Laura Peperara, outra das súas namoradas. Ambas mulleres chegaron a ser recoñecidas cantantes.[2]

Francia e Ferrara

[editar | editar a fonte]

Dende o 1565, a vida de Tasso xirou arredor do castelo de Ferrara, que sería o escenario da súa gloria e do seu sufrimento. Tras a publicación do Rinaldo escribiu unha serie de opinións sobre a épica nas que defendeu unha teoría propia e distintiva, que lle valíu tamén sona como filósofo e crítico.[1][2] Os seguintes cinco anos foron os máis felices da vida de Tasso, a pesar do pasamento do pai no 1569. Debido á súa mocidade e brillantez, así como á súa fama como escritor, Tasso converteuse nun ídolo da corte de Ferrara. Os seus dous primeiros libros de poemas amorosos foron dedicados a Lucrezia Bendidio e Laura Peverara, respectivamente. A princesa Bendidio e Eleonora d'Este, ambas solteiras, tomárono baixo a súa protección.[2]

No 1570, Tasso trasladouse a París co cardeal. A súa franqueza ao falar, sumada á falta de tacto, causaron unha disputa co seu patrón, polo que abandonou Francia ao ano seguinte, entrando ao servizo do duque Afonso II de Ferrara, o irmán do cardeal. Durante esta etapa, completou as súas obras máis importantes: Aminta (1573) e Gerusalemme Liberata (1574). A primeira é un drama bucólico cunha trama sinxela, pero de gran potencia lírica. Apareceu nun momento no que a música estaba a converterse na arte dominante en Italia, da man de compositores como Palestrina, Monteverdi ou Marenzio. As melodías sensuais e melancólicas de Aminta encaixaron co espírito da época. Imprimíuse por primeira vez en Venecia, en xaneiro do 1581. A obra traducíuse ao croata polo poeta Dominko Zlatarić só un ano despois da súa publicación orixinal, baixo o título Ljubmir, pripovijest pastijerska ("Ljubmir, o conto dun pastor", 1582).[2]

Gerusalemme Liberata

[editar | editar a fonte]

A obra Gerusalemme Liberata ("Xerusalén liberada") tivo unha grande influencia na historia da literatura europea. As súas calidades épicas, marcadas pola individualidade da voz poética de Tasso, son similares á graza lírica de Aminta. Do mesmo xeito que a súa ópera prima, Rinaldo, Gerusalemme Liberata busca ennobrecer o estilo épico italiano preservando a unidade da trama e elevando a dicción poética.[2]

O modelo do libro é Virxilio, máis a concepción do heroe está imbuida de fervor relixioso cristián, xa que a temática é a Primeira Cruzada. O protagonista da obra é unha figura histórica, Godofredo de Bouillon ("Goffredo"), o líder da Primeira Cruzada, polo que o seu clímax é a captura da cidade sagrada de Xerusalén. Goffredo atopa tamén espazo para satisfacer as súas inclinacións naturais para o amor. Tasso adornou a obra con varios episodios románticos, que foron incluso máis influentes que o seu tema principal.[2]

Outras obras

[editar | editar a fonte]

As súas Rime ("Rimas"), escritas entre o 1567 e o 1593, reúnen preto de dous mil poemas en nove libros. Influenciaron os Canzoniere de Petrarca.

A súa traxedia inacabada Galealto re di Norvegia ("Galealto, rei de Noruega", 1573-1574) foi rematada baixo un novo título, Re Torrismondo (1587). Ten influencias de Sófocles e Séneca, e conta a historia da princesa Alvida de Noruega, obrigada a casar co rei godo Torrismondo, a pesar de estar namorada do seu amigo da infancia, o rei Germondo de Suecia.

Os seus Dialoghi ("Diálogos"), escritos entre o 1578 e o 1594, son vinte e oito textos que abarcan dende temas morais (o amor, a virtude, a nobreza) até mundanos (as máscaras, o xogo, o estilo cortesán, a beleza). Tamén falan de temas relevantes da época, coma a tensión entre relixión e liberdade intelectual, ou a cristiandade fronte ao Islam.

Os Discorsi dell'arte poetica e in particolare sopra il poema eroico ("Discursos da arte poética e sobre o poema épico en particular", 1594) constitúen o seu principal texto sobre poética. É probable que fosen escritos durante a redacción de Gerusalemme Liberata.

Influencia

[editar | editar a fonte]

Existen monumentos dedicados a Tasso en Bérgamo e Sorrento. Tamén hai rúas co seu nome en case todas as grandes cidades italianas, entre as que destacan as de Bérgamo, Posillipo (Nápoles), Roma, Turín, Palermo e Catania. No estranxeiro, destacan as rúas de Tasso en París e en Palo Alto (California).

  1. 1,0 1,1 "Torquato Tasso - Italian Poet & Renaissance Figure - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-23. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Symonds, John Addington (2020-06-12). Renaissance in Italy (Vol. 1-7): Complete Edition (en inglés). e-artnow. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.