Toén, Toén
Aparencia
Toén | |
---|---|
Casa do concello. | |
Concello | Toén[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°19′01″N 7°57′12″O / 42.31701247, -7.9532881 |
Poboación | 431 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Toén é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 476 habitantes (228 homes e 248 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.
A igrexa parroquial é un templo de orixe románica, se ben na actualidade quedan poucos restos dese estilo. A portada é renacentista, destacando a porta de acceso adintelada e unha soa torre no lateral dereito. Está formada por unha nave de planta rectangular, co presbiterio máis elevado e a sancristía acaroada a este na súa parte dianteira.
Notas
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Toén
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Toén no concello de Toén (Ourense) | |
---|---|
O Campo | O Fondón | Fonte Larelle | A Gradeira | Larelle | A Reitoral | Ribadela | Toén | O Vilar |