Sáchica
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Ricaurte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.791 (2015) (61,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 62 km² | ||||
Altitude | 2.036 m | ||||
Creación | 1556 (Gregoriano) | ||||
Sitio web | sachica-boyaca.gov.co… |
Sáchica é un concello colombiano que se atopa a uns 32 km ó oeste de Tunja, na provincia de Ricaurte no departamento de Boyacá, recoñecido como capital nacional da cebola.[1]
As esculturas alusivas ó sol e a lúa como homenaxe aos deuses dos indíxenas, o Festival de Música Sacra en Semana Santa e a representación desta en vivo, xunto aos templos e mosteiros católicos, e a sala de oración da Igrexa de Deus Ministerial de Xesucristo Internacional cunha arquitectura de estilo colonial, déronlle o título de "A Xerusalén de Colombia".[2][3]
A poboación segundo o censo de 2005 é de 3868 habitantes dos cales 1644 compoñen a poboación urbana e 2139 a rural. A economía sachiquense baséase no turismo relixioso, a agricultura e a explotación mineira.
O acceso a Sáchica realízase vía terrestre, pola estrada a Tunja capital do departamento, a Chiquinquirá e a Arcabuco.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe é anterior á conquista, gobernado por un cacique tributario do Zaque de Hunza. Durante o século XVI foi encomenda e estabeleceuse a doutrina dos Agostiños e Dominicos. A fins de século XVII era resgardo. Etimoloxicamente Sáchica significa en lingua muisca fortaleza ou mansión do soberano muisca. A poboación indíxena, foi castigada e decimada entre os séculos XVI - XVIII. Aínda se conserva no centro da vila unha mostra histórica da pedra onde se castigaba ós indíxenas. En 1574 existían 600 familias (2500 persoas); en 1635 o censo demostraba a presenza de 1010 indíxenas, que para 1757 se reduciu a 22 indios tributarios, 177 campesiños e 38 familias españolas ou crioulas cun total de 136 persoas. O total de habitantes diminuíra a 336.
En 1954 durante o goberno do xeneral Gustavo Rojas Pinilla construíuse a estrada entre Villa de Leyva e Tunja. Na arquitectura de Sáchica predomina o tipo colonial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-561866
- ↑ El Espectador. "Boyacá: territorio de fe".
- ↑ Semana. "¡Boyacá es para vivirla!". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sáchica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)