República de Carolina do Sur
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Columbia | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1860 | |||
Disolución | 1861 | |||
Sucedido por | Estados Confederados de América | |||
Moeda | Dólar Confederado (pt) | |||
A República de Carolina do Sur (en inglés Republic of South Carolina) foi un país non recoñecido, situado no actual Estado de Carolina do Sur que declarou a súa secesión dos Estados Unidos de América o 20 de decembro de 1860. Durante este período tamén foi coñecida como a República do Palmetto.[1]
Secesión
[editar | editar a fonte]Por unanimidade, a convención estatal que tivo lugar en Columbia elixiu separarse da Unión. Adoptaron a bandeira do palmeto como bandeira nacional[2]
Tras a declaración de secesión, o antigo congresista James L. Petigru remarcou que Carolina do Sur era moi pequena para ser unha república e moi grande para ser unha residencia de enfermos mentais. [3] Pouco despois, Carolina do Sur comezou a prepararse para unha presunta intervención por parte do goberno estadounidense, mentres traballaba por convencer a outros estados do sur en que se separaran da unión para formar unha confederación das repúblicas do sur.
O 8 de febreiro de 1861 a República de Carolina do Sur uniuse aos Estados Confederados de América.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cauthen, Charles Edward; Power, J. Tracy (2005). South Carolina goes to war, 1860-1865. University of South Carolina Press. p. 79. ISBN 978-1-57003-560-9.
- ↑ Walter B. Edgar. "South Carolina: A History". Columbia, SC: University of South Carolina Press, 1998
- ↑ Burger, Ken (13 February 2010). "Too large to be an asylum". The Post and Courier (Charleston, South Carolina: Evening Post Publishing Co). Consultado o 22 April 2010. Paragraph 4