Real Audiencia de Quito
A Audiencia e Chancelería Real de Quito (1563-1822) foi o máis alto tribunal da Coroa española nos territorios da Provincia ou Presidencia de Quito, dentro do Vicerreinado do Perú, que despois formaron parte do Vicerreinado de Nova Granada.
O antigo Goberno de Quito de Gonzalo Pizarro, ensanchara xa o seu territorio, até Cali e Popayán polo norte; polo sur até os desertos de Piura; e pola conca do río Amazonas, a exploración de Gonzalo Pizarro, o descubrimento e exploración do río Amazonas até o Atlántico por Francisco de Orellana, e as fundacións en Yaguarzongo e Bracamoros, como os descubrimentos do alto río Marañón e ó río Ucayali por Juan de Salinas y Loyola, deron ó antigo Goberno de Quito unha extensión nova na conca do río Amazonas. Por estas razóns, o 4 de xullo de 1560 os quiteños pediron ó rei de España a creación dunha Audiencia na Gobernación de Quito.
O rei Filipe II, na cidade de Guadalaxara o 29 de agosto de 1563, ditou unha Real Cédula polo cal a Gobernación de Quito de Gonzalo Pizarro é elevada a unha Audiencia Real e sinálaselle límites. Foi inaugurada o 18 de setembro de 1564.