[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Rainbow Warrior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perfil do Rainbow Warrior.

O Rainbow Warrior ("Guerreiro do arco da vella") foi o barco insignia da organización non gobernamental internacional Greenpeace.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi construído en Aberdeen, Escocia, en 1955 e inicialmente foi utilizado polo ministerio de agricultura británico como barco de investigacións. Máis adiante converteuse en barco de pesca no Mar do Norte até a súa adquisición por Greenpeace en 1978. O seu nome provén dunha antiga profecía dos nativos de Norteamérica. Foi afundido pola Dirección Xeral de Seguridade Exterior (DGSE), os servizos de intelixencia franceses, en Auckland, Nova Zelandia, o 10 de xullo de 1985, provocando a morte do fotógrafo e activista de Greenpeace Fernando Pereira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]